Skip to Content

blogue deEquipo Directivo

Proclamación de candidaturas elexidas no proceso electoral

Unha vez reunida a Xunta Electoral, encargada da organización e supervisión do procedemento de eleccións ao Consello Escolar, vistas as actas de escrutinio das diferentes mesas:

PROCLÁMANSE COMO CANDIDATAS E CANDIDATOS ELIXIDAS/OS PARA FORMAR PARTE DO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO:

Representantes do Profesorado:

  • Dna. María Jesús Pardiñas Fernández.
  • Dna. Elisa María Freire Ramos.
  • Dna. Ana Belén Fontáns Rilo

Representantes das familias do alumnado:

  • D. Mateo Blanco Laimil

Está exposta no taboleiro do centro a Acta do Escrutinio da votación da mesa electoral de familias do alumnado.

De acordo co artigo 51 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, contra a presente proclamación de candidatas e candidatos elixidos poderase presentar, por un prazo de 15 días, reclamación perante o Xefe Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade da Provincia da Coruña. A resolución deste poñerá fin á vía administrativa.

Xornadas prevención Tecnoadiccións para as familias

Nos seguintes enlaces pódese acceder a toda a información sobre as xornadas de prevención das tecnoadiccións organizas polo concello de Santiago.

CARTEL

PROGRAMA

Publicación candidaturas sector nais/pais eleccións do Consello Escolar

No seguintel enlace faise pública a listaxe de candidaturas a representantes das familias nas próximas Eleccións ao Consello Escolar.

ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR CONVOCATORIA

ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS, TITORES E TITORAS LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR

   

    CONVOCATORIA

    De acordo coa RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos. DOG 18 de setembro, a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar,SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS E ALUMNAS, segundo as seguintes normas:

    1. De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a unha nai/pai, dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar. As outras tres  representantes de nais/pais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2022, e unha máis será a  representante proposta pola ANPA do noso centro.

    2.- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores ou titoras legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día da data está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 14:30 horas do día 6 de novembro.

    3.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Colexio. As candidaturas poderán ser presentadas ata as 14:30 horas do día  8 de novembro.

    4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre as nais e  pais que non se presenten como candidatas ou candidatos, o día 21 de novembro, ás 13:00 horas. Dita mesa electoral estará composta polo Director do Centro, que actuará como Presidente, e catro pais/nais ou titores/as legais, actuando de secretaria ou secretario o de menor idade.

    5.- A campaña electoral comprenderá dende o 8 ao 15 de novembro, ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos candidatos, previa petición ao presidente da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do Colexio.

    6.- Poderán actuar como supervisores da votación as nais, pais, titotas ou titores legais dos alumnado matriculado no Centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos pola firma de 10 electores.

    7.- As votacións realizaranse neste Colexio Público o día , 18 de novembro, de 14:45 a 19:00. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 14:00 horas.

8.- Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo de un nome das candidatas ou candidatos  presentados, debendo acreditar a súa identidade á hora de votar, mediante exhibición do D.N.I. ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegable e non se admitirá o voto por correo.

    9.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor legal dos alumnos/as.

    10.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.

    11.- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.

Eleccións Consello Escolar

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG 18 de setembro), realizarase proximamente neste Centro a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Centro.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

• Director do Centro.

• Unha mestra ou mestre.

• Unha nai ou un pai ou unha titora ou titor legal.

• Unha represente do persoal de administración e servizos.

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo venres, día 18 de outubro, ás 12:30 horas.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar, deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias, que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do centro.

Programa de actividades extraescolares curso 2024/2025

No seguinte enlace pódese acceder a toda a informacións sobre as Actividades Extraescolares ofertadas pola ANPA do noso centro para o curso 2024/2025

 

 

 

 

Calendario de reunións de principio de curso

 

No seguinte enlace pode accederse ao calendario de reunións de principio de curso.

Durante o desenvolvemento das reunións a ANPA do noso centro ofrece servizo de ludoteca na aula de psicomotricidade, para poder facer uso do mesmo deberanse inscribir enviando un correo a anpaceiproxos@gmail.com  (As familias que non se inscriban non poderán empregar o servizo).

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Clicando no seguinte enlace, pódese acceder a toda a información relativa á programación das actividades extraescolares, ofertadas pola ANPA do noso centro, para o curso 2024/2025.

PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Apertura dos prazos para os servizos de comedor escolar e madrugadores

Publícase información relativa á apertura dos prazos e procedemento para a admisión no servizo de comedor e madrugadores curso 24-25

Listaxe definitiva fondo solidario de libros

Están publicadas no taboleiro de anuncios do interior do centro as listaxes definitivas de admitidos  do fondo solidario de libros de texto (nesta listaxe xa podedes comprobar o ISBN dos libros asignados).

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

A  partir de mañá xoves, día 11  de xullo, ata o mércores 31  de xullo podedes pasar a recoller os vales de libros e de material, en horario de 10:00 h. a 14:00 h.

  • Os vales deben ser recollidos pola/o solicitante dos mesmos.
  • Se a persoa solicitante non pode acudir debe asinar o seguinte documento: autorización
  • En caso de extravío ou deterioro do vale NON se xera un novo.

 Tamén entre mañá xoves, día 11 de xullo, ata o mércores, 31  de xullo, podedes pasar a recoller os libros de fondo solidario de libros.

  • Os libros serán entregados despois de asinar a declaración responsable, ésta só pode ser asinada ou pola nai, ou polo pai, ou pola titora ou titor legal.

Un saúdo

 

Distribuir contido


by Dr. Radut