ENTRADAS E SAÍDAS CURSO 2021-2022
As portas de entrada serán a porta principal de infantil, para o alumnado
de Educación Infantil e a porta lateral de primaria, para o alumnado de
Educación Primaria.
As familias que teñen fillas ou fillos en infantil e en primaria, entrarán os
dous irmáns polo edificio de infantil.
As portas de entrada non se abrirán antes das 9:25 - 9:30, non é preciso
estar na fila antes de esa hora, entendemos que se debe chegar con
antelación para aparcar pero podemos agardar no coche e cando vexamos
que a fila vai avanzando ímonos aproximando.
No momento no que nos atopamos a prioridade, segue sendo a orde e a
seguridade debemos evitar as aglomeracións e os agrupamentos para
conversar, Debemos facilitar a fluidez de circulación.
Á saída imos a facelo en orde ascendente, as familias do alumnado de
cursos máis altos deben agardar en espazos que non dificulten a
circulación das familias que están saíndo.
Para tratar de clarificar a orde dentro de cada grupo as clases sairán por
orde de lista, así as familias xa poden ir colocándose por orde cando se
acheguen á porta de saída. A espera a que chegue o noso curso farase na
beirarrúa máis alonxada ao colexio, unha vez chegue o momento de
recoller ao noso grupo situarémonos na beirarrúa máis próxima ao colexio
en dirección ao aparcadoiro. Unha vez recollido ao alumnado baixaremos
pola beirarrúa máis próxima ao colexio que debe estar despexada.
Imos comezar a saír o alumnado de casa ás 14:20 horas comezando en
primaria por 1ºA e en Infantil por 3 anos A (as familias de infantil deben
entrar en orde por cursos gardando a distancia de seguridade).
As familias que teñan nenas e nenos en Infantil e en Primaria, primeiro
recollerán ao alumnado de Infantil e logo collerán ao alumnado de
Primaria, pola porta lateral do Edificio.
Moitas grazas e seguiremos traballando tratando de mellorar.