Skip to Content

Familias

Xornadas prevención Tecnoadiccións para as familias

Nos seguintes enlaces pódese acceder a toda a información sobre as xornadas de prevención das tecnoadiccións organizas polo concello de Santiago.

CARTEL

PROGRAMA

Calendario de reunións de principio de curso

 

No seguinte enlace pode accederse ao calendario de reunións de principio de curso.

Durante o desenvolvemento das reunións a ANPA do noso centro ofrece servizo de ludoteca na aula de psicomotricidade, para poder facer uso do mesmo deberanse inscribir enviando un correo a anpaceiproxos@gmail.com  (As familias que non se inscriban non poderán empregar o servizo).

Avaliación de diagnóstico

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2019

Dende o departamento de deportes do concello de Santiago de Compostela remítennos información sobre o programa CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2019 da Deputación da Coruña para o colectivo escolar interesado.

Máis información pinchando nos seguintes enlaces:

GLORR Fundación

RESOLUCIÓN DO CONCURSO PILABOT

Deixámosvos o enlace que fala da resolución do concurso de Pilabot:

A primeira edición do concurso ‘Pilabot’ resólvese con preto de 44 toneladas de pilas e baterías recollidas en 150 colexios

 

Nesta ocasión, non houbo sorte.

Grazas por colaborar e ánimo para a seguinte proposta.

OBRADOIRO PARA AS FAMILIAS


OBRADOIRO PARA AS FAMILIAS

Estratexias para a comunicación e educación das nosas fillas e dos nosos fillos.

Relatora: Maribel Reinoso Rey

Día: 13 de marzo de 2019

Hora: de 17:30 a 19:30

Lugar: CEIP de Roxos

A ANPA do centro ofrece o Servizo de ludoteca gratuíto previo aviso.

As familias interesadas poden poñerse en contacto coa ANPA antes das 14:00 horas do martes.

  • Teléfonos de contacto: 881947147 ou 691475060.
  • Email de contacto: santiago@actex.es

Animámosvos a asistir


 

PARQUE DE BOMBEIROS

Dende o Dpto. de Educación do Concello de Santiago de Compostela enviáronnos, para facer chegar ás familias, invitación á xornada de portas abertas do Parque de Bombeiros que terá lugar o vindeiro día 9 de marzo ás 10:30 horas.

 

Máis información aquí.

 

CIBERSEGURIDADE

Profesionais da educación, pais e nais, nenos e nenas e cidadanía en xeral temos unha cita coa Ciberseguridade o vindeiro mércores 21 de novembro ás 16:30 horas, na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

Nun mundo hiperconectado cómpre actuar con garantías ante as ameazas en Internet, como o sexting, a ciberviolencia de xénero, o ciberbullying ou a fraude dixital. Conscientes desta realidade, a Xunta de Galicia colabora coa Mobile Week A Coruña, organizando a actividade "Ciberseguridade na túa casa: Ciberseguridade para toda@s", onde se abordará estes riscos da man de recoñecidos especialistas en cada unha das materias.

Así, a asociación Pantallas Amigas (http://www.pantallasamigas.net); Fernando Villar, formador da Garda Civil; ou Carlos Pérez, CISO de Abanca, compartirán con todas as persoas asistentes as medidas de protección máis apropiadas para salvagardar os nosos pequenos e pequenas e a nosa identidade dixital, ou para facer un uso responsable de internet así como evitar fraudes dixitais, como o hackeo das tarxetas de crédito ou o roubo de información sensible.

Máis información e Inscricións: http://www.mobileweekcoruna.com/es/evento/697/conferencias-y-debates-ciberseguridad-en-tu-casa-ciberseguridad-para-tods/

Programa municipal de conciliación de Entroido 2024

No seguinte enlace podedes acceder ao programa de conciliación para o Entroido do Concello de Santiago.

Distribuir contido


by Dr. Radut