Skip to Content

Primaria

5º de E.P. visita o CEE Manuel López Navalón

                       XORNADA DE INCLUSIÓN

                                                                                                                                                         

Onte, martes 18 de xuño, os alumnos/as de 5º curso de E.P.do noso colexio representaron a obra de Chus Pereiro "Mamasiña, que medo!", no salón de actos do CEE Manuel López Navalón, a continuación compartiron xogos e patios con alumnos/as de diferentes idades e posteriormente participaron en talleres (carpintería, cerámica, costura e restauración) impartidos por alumnado dese Centro coordinados polos seus mestres.

 

 

 Os nosos alumnos/as viñeron encantados/as e con ganas de repetir.

A experiencia foi marabillosa e resultou moi enriquecedora para ambolos dous colexios, polo que quedan abertas as portas para futuras colaboracións.

A festa do deporte

Este ano, por primeira vez participamos na festa do deporte organizada polo Concello. Pámolo xenial.

  Ver fotos 

Visita ao Museo das Peregrinacións e a parques botánicos da cidade

O mércores 15 de novembro o alumnado de 5º e 6º fixemos unha saída cultural a Santiago a visitar o Museo das Peregrinacións onde aprendimos unha morea de cousas e felicitárono polo noso comportamento.

Aproveitamos a saída para coñecer parques botánicos da cidade. Os de sexto visitaron a Alameda e os de 5º a Finca do Espiño

 

 Fotos   Museo das Peregrinacións                 Finca do Espiño                                 Alameda

Distribuir contido


by Dr. Radut