Skip to Content

O recuncho de 6º EP

EXPERIMENTO CON ÓSOS - 6ºB

Nós, os nenos e nenas de 6ºB , estivemos a facer un experimento que ten que ver cos ósos. Precisamos:

- Vinagre blanco.

- Bote de cristal.

- Ósos de polo.

Entón o que hai que facer é pesar os ósos, anotar canto é o seu peso e logo metemos os ósos no bote con vinagre. Ao longo dunha semana os quitamos do bote, e o seu peso ten que ser menor e ademais son máis fexibles.

6ºB

CESTA DE NADAL 2017

O mércores día 22 fomos mercar ao GADIS a CESTA DE NADAL. Está valorada en 148 EUROS.

A persoa que preparou a cesta (unha das caixeiras) ao ver que non cabía todo nela, decidiu engadirlle unha caixa que quedou MOI BONITA. 

Pasámolo xenial mercando tantas cousas ricas de Nadal, o máis complicado foi buscar a data de caducidade nos produtos.

O noso compañeiro "Markitos" encargouse de ir facendo as contas.

Lembrade mirar as rifas o vindeiro día 11 de decembro e a ver quen tivo a sorte de gañar este magnífico agasallo que está exposto na entrada á secretaría do cole.

Moita sorte a todos e todas e grazas por axudarnos a financiar a nosa excursión de fin de etapa !!

AGRADECEMOS TAMÉN AO PERSOAL DE GADIS ESTEIRO O BEN QUE NOS ATENDERON.

Máis fotos na galería, no álbum Cesta Nadal 17 6ºEP ou premendo na imaxe anterior.

LUNA, ISO, CARLOTA E MARCOS - 6º EP     

DE NOVO ... ROBÓTICA!

Hai xa un mes que reiniciamos robótica. Empezamos programando na "hora del código".

Os de 4º e 5º están moi ilusionados, porque para eles é o seu primeiro ano.

 

Nós xa empezaramos o ano pasado así que xa sabemos un pouco máis. E ademais  empezamos a construír robots e a programar con SCRATCH.

 
 
 
O 24 de outubro viñeron dúas  persoas chamadas Marcos e José Alejandro. Touxeron un dron "pequeno", polo menos iso dixeron eles. O dron tiña cámara, e dende arriba sacounos fotos.
 
 
 
 
Neste curso teremos un concurso de LEGO "robótica". Só hai 20 prazas entre 4º, 5º e 6º, así que esforzádevos para entrar!
 
 Joel e Pablo, 6ºB
 

NOVO ÉXITO DE ALEJANDRO NO TENIS

No mes de marzo felicitamos a Alejandro (6ºB) despois de conseguir tres títulos no Campionato Galego de Tenis. (Enlace á entrevista que lle fixeron os seus compañeiros).

Pois ben, os seus éxitos continúan: Alejandro foi quen de chegar ás semifinais no Campionato Nacional Babolat Cup 2017, celebrado en Xávea (Alacante), cuns boísimos resultados! 

Premer na imaxe para vela a tamaño orixinal.

PARABÉNS, CAMPIÓN!

PARABÉNS A ALEJANDRO!

O noso compañeiro Alejandro Vizoso (6ºB) acaba de conseguir tres títulos na categoría ALEVÍN, no CAMPIONATO GALEGO DE TENIS:

CAMPIÓN DOBRES MIXTO

CAMPIÓN DOBRES MASCULINO

CAMPIÓN INDIVIDUAL

PARABÉNS ALEJANDRO!!!!

Esta é a entrevista que lle fixemos:

- Custouche moito gañalo?

- Bastante, estiven entrenando varios meses dúas horas diarias.

- A que idade empezaches a xogar ao tenis?

- Aos 3 anos. En realidade xa empecei antes co pimpón... aínda que moitas veces non conseguía darlle á pelota.

- Como te sentiches ao gañar estes títulos?

- Cando vin que gañaba case me tiro diante de todos na pista, porque iso supón que vou participar no campionato de España que terá lugar en Pamplona. En principio o meu obxectivo era gañar o campionato individual pero o feito de gañalos todos fíxome moita ilusión.

- Xogaches algunha vez fóra de Galicia?

- Si. Xoguei unha vez en Segovia e outra en Alacante.

- Como te sentes agora que te estamos entrevistando?

- Dame un pouco de vergoña pero síntome moi eloxiado.

- Pensas que seguirás xogando ao tenis no futuro?

- Si, pero a medida que me vou facendo maior xa non poderei dedicar tantas horas ao tenis, porque vou necesitar máis tempo para os estudos.

- Cales son os teus tenistas favoritos?

- O meu ídolo é Rafa Nadal pero tamén admiro a Roger Federer, o mellor tenista da historia.

- Pensaches en entrar nun centro de alto rendemento?

- Si, pensei en ir a EEUU pero é moi caro. Sen embargo, máis adiante, se consigo unha beca que me axude co custe si me gustaría ir.

Finalizamos esta entrevista desexándolle a Alejandro MOITA SORTE!

Enlace á noticia no "Diario de Ferrol".

6º EP

 

SORTEO CESTA ENTROIDO (2017)

 

Pouco antes de que tivese lugar o xuízo do Meco así como da lectura do seu testamento, este tivo a ben facer entrega da cesta do Entroido sorteada polo alumnado de 6º de EP.

Parabéns!

 

ENTROIDO 2017: O MECO

Que ben loce o noso meco deste Entroido 2017! Non si?

E na foto de abaixo posa oufano acompañado polos seus creadores, o alumnado de 6ºA de EP.

VENRES DOCE - 3 DE FEBREIRO

Lembrades que vai pasar mañá?

Pois que é 3 de febreiro, o primeiro venres do mes. Isto significa que...

É VENRES DOCE!!

(Aínda que tamén haberá algo salgado para os que non son tan larpeiros).

Nesta ocasión teremos decoración de Entroido.

Gabriel, Nayra e Pedro - 6ºB

 

EXPOSICIÓN DE VIDEOXOGOS

 

 

O mércores 25 de xaneiro, os nenos/as de 6º fomos ver unha exposición de videoxogos no Carvalho Calero.

Explicáronnos toda a historia, e ao final deixáronnos ver todas as consolas, mandos...

FOI INCRIBLE! 

 

Alejandro, Gabriel e Lois - 6ºB.

 

VENRES DOCES

Ola a todos/as:

 

 O próximo venres doce será o 13 de xaneiro.

 Estará dedicado ao día da paz.

 Querémosvos agradecer moito a vosa colaboración.

Miguel Ángel Leira Santos 6ºA     

Un saúdo!                      

Distribuir contido


by Dr. Radut