Skip to Content

PARABÉNS A ALEJANDRO!

O noso compañeiro Alejandro Vizoso (6ºB) acaba de conseguir tres títulos na categoría ALEVÍN, no CAMPIONATO GALEGO DE TENIS:

CAMPIÓN DOBRES MIXTO

CAMPIÓN DOBRES MASCULINO

CAMPIÓN INDIVIDUAL

PARABÉNS ALEJANDRO!!!!

Esta é a entrevista que lle fixemos:

- Custouche moito gañalo?

- Bastante, estiven entrenando varios meses dúas horas diarias.

- A que idade empezaches a xogar ao tenis?

- Aos 3 anos. En realidade xa empecei antes co pimpón... aínda que moitas veces non conseguía darlle á pelota.

- Como te sentiches ao gañar estes títulos?

- Cando vin que gañaba case me tiro diante de todos na pista, porque iso supón que vou participar no campionato de España que terá lugar en Pamplona. En principio o meu obxectivo era gañar o campionato individual pero o feito de gañalos todos fíxome moita ilusión.

- Xogaches algunha vez fóra de Galicia?

- Si. Xoguei unha vez en Segovia e outra en Alacante.

- Como te sentes agora que te estamos entrevistando?

- Dame un pouco de vergoña pero síntome moi eloxiado.

- Pensas que seguirás xogando ao tenis no futuro?

- Si, pero a medida que me vou facendo maior xa non poderei dedicar tantas horas ao tenis, porque vou necesitar máis tempo para os estudos.

- Cales son os teus tenistas favoritos?

- O meu ídolo é Rafa Nadal pero tamén admiro a Roger Federer, o mellor tenista da historia.

- Pensaches en entrar nun centro de alto rendemento?

- Si, pensei en ir a EEUU pero é moi caro. Sen embargo, máis adiante, se consigo unha beca que me axude co custe si me gustaría ir.

Finalizamos esta entrevista desexándolle a Alejandro MOITA SORTE!

Enlace á noticia no "Diario de Ferrol".

6º EP

 



page | by Dr. Radut