Skip to Content

O recuncho de 6º EP

PREMIO DE DEBUXO

O 15 de novembro de 2019, a dous nenos/as de sexto curso déronnos un premio dun concurso de debuxo sobre a Semana Micolóxica celebrada en Ferrol do 12 ao 16 de novembro.

Foi moi divertida a experiencia de concursar, e non podería facelo sen o apoio dos meus amigos/as e a miña profesora Constanza.

Moitas Grazas.

 NEREA V., 6ºB.

 

VISITAMOS MUSEOS NA CORUÑA

O venres, 15 de novembro, o alumnado de 5º e 6º fomos de excursión á Coruña. 


Visitamos o acuario.  Vimos a
Gastón, o tiburón máis grande, pero tamén había máis tiburóns, polbos, ovos de peixes, un peixe que tiña unha luz na súa cabeza chamado peixe pescador. Noutro acuario estaba Nemo, o peixe paiaso, e vimos moitos animais mariños máis.

O guía que tivemos en 6º chamábase Óscar e explicounos moitas cousas interesantes.

Xantamos nun centro comercial.

Despois fomos ao MUNCYT.  Alí había parte dun avión, moitos obxectos antigos como unha moto, unha consola, un coche, unha televisión... Fixemos probas en equipos para atopar obxectos.

Pasámolo xenial!

ADRI E DIEGO, 6ºA 

CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA

 

O DÍA 25 DE OUTUBRO TIVEMOS UNHA CARREIRA SOLIDARIA NA PRAZA DE ESPAÑA.

DEMOS UNHA VOLTA OS MÁIS PEQUENOS E DÚAS OS MAIORES.

O PERCORRIDO FOI MOI DIVERTIDO PERO, SOBRE TODO, APRENDEMOS QUE SER SOLIDARIO É MELLOR PARA TODOS.

A LEUCEMIA É UNHA ENFERMIDADE QUE ACTUALMENTE PÓDESE CURAR.

SAMANTA E CLAUDIA, 6ºA

 

CARREIRA CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL

O venres 25 de outubro fixemos unha carreira contra a leucemia infantil. Foi na Praza de España. Os nenos/as doamos diñeiro para que se poida investigar máis sobre esta enfermidade. Todos recibimos diplomas.

Estas son imaxes da carreira:

 

Alicia, 6ºA

O MAGOSTO

 

O xoves 24 de outubro foi o MagostoCelebrámolo no pavillón. Os de 6º repartiron as castañas.

Estaban boísimas!!!!

Despois das castañas saímos ao patio.

Pasámolo  ♥ XENIAL ♥

 

Estas son imaxes do Magosto:

 Alicia (6ºA), Seyni e Lía (5ºA)

PROXECTO ARTE: FERIDAS FALSAS

Os de 6ºA estivemos facendo unhas feridas falsas, que nos ensinou Isa, unha profesora moi creativa. Fixémolas con mel mesturada con colorante, cera de maquillaxe e unha cera negra.

Así quedaron as feridas:

 

Alicia, 6ºA

ROBÓTICA - FIRST LEGO LEAGUE

 

Os de 6º estamos montando as misións da FIRST LEGO League.

A FIRST LEGO League é unha competición na que os robots teñen que cumprir misións e nós progamámolos para que o fagan correctamente.

Clica nesta imaxe para acceder á galería:

     Alicia, 6ºA

VENRES DOCES 2019

O pasado venres 4 de outubro, vendemos moitos doces e recadamos os primeiros euros para a nosa excursión de fin de curso.

 

 

 

 

ORGANIZACION PARA EXCURSIÓN A ALVARELLA

Os de 6º estamos organizando as cousas para poder ir á excursión de final de curso a Alvarella. Imos empezar pronto cos venres doces. Están a explicarnos como vai a ser todo o proceso. Ao parecer temos que participar en todo nós: no venres doce, nas rifas, na tómbola...

Todo o diñeiro recaudado nesas actividades vai a ser para a excursión.

Esta imaxe é do venres doce dos de 6º o ano pasado:

 

Alicia (6ºA)

ALVARELLA - 6ºEP 2019

Os días 29, 30 e 31 fomos a Alvarella.

O primeiro día fixemos unha andaina de 5 horas e 12 quilómetros e cando chegamos, grazas aos monitores e profesores, puidemos ir á piscina.

O segundo día fixemos rocódromo, despois fomos á piscina e por último tiro con arco. Máis preto da noite estampamos unhas camisetas.

O terceiro día fixemos piragüismo e bañámonos na praia de Cabanas.

Polas noites, antes de durmir, faciamos unha velada e a última noite faláronnos das estrelas e contáronnos unha historia.

Pasámolo moi ben!

 Enlace ás fotos premendo na seguinte imaxe:

                                              Daniela, Rita e Lía   (6ºA)

Distribuir contido


by Dr. Radut