O alumnado de 3º e 4º asistimos neste mes de xaneiro á aula que a Sociedade Galega de Historia Natural ten en Mougá. Dous amables profesores, Paulino e José, déronnos unhas interesantísimas leccións de Astronomía.
Mágoa que o ceo estivese nubrado eses días e non puidésemos ver os astros a través dun telescopio que nos tiñan preparado, pero vimos nunha pantalla as estrelas, entre elas o Sol, que por certo, para a nosa sorpresa está entre as máis pequenas!! Comparamos os seus tamaños e cores. Vimos constelacións, entre outras moitas a Osa Maior e a Osa Menor e tamén a Vía Láctea que é a nosa galaxia.
Soubemos que o signo do zodíaco que temos corresponde ao nome dunha constelación pola que pasaba o sol o día en que nacimos.
O que nos chamou moito a atención foron os “buratos negros”, son como unha bóla chea de materias e con moitísima forza de atracción que absorben todo o que se lle achega, se pasásemos ao seu carón quedariamos alí atrapados.
Encantounos todo o que nos ensinaron.
Ao saír, vimos un anaquiño á Lúa entre nubes, asomou como se quixera saudarnos; Paulino sinalouna cun punteiro láser que mesmo parecía que chegaba a tocala. Tamén vimos desde fóra a contaminación lumínica de Ferrol e de A Coruña.
Paulino e José non se cansaron de repetirnos que debemos coidar moito, pero moito, o noso planeta Terra, no que nos tocou vivir e que o temos que deixar moi san para as xeracións vindeiras.
MOITAS GRAZAS A ESTES DOUS SIMPÁTICOS PROFESORES QUE NOS ENSINARON TANTAS COUSAS INTERESANTES SOBRE O UNIVERSO!!!!