Skip to Content

O recuncho de 5º EP

DÍA UNIVERSAL DO NENO

O 20 de novembro foi o Día do Neno.

No CEIP Recimil celebrámolo creando un conto colaborativo sobre os dereitos dos nenos/as e no que participamos os cursos de Educación Primaria: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º, 6º.

En cada clase decidimos unha páxina do conto.

Podedes velo no seguinte vídeo.

 Jimena e Sofía, 5ºB

RECIBÓTICA 2020

 

O sábado 15 de febreiro, participamos na FIRST LEGO LEAGUE no Auditorio de Ferrol.

Este ano o equipo de  RECIBÓTICA estivo representado por: Nerea, Hugo, Manu, Alicia, Junshan, Nis, Emma, Alba, Anxo e Héctor; e axudados polos seus adestradores Antía e Fran.

Cando chegamos alí había moitos equipos, de maiores e pequenos.

Fixemos o XOGO DO ROBOT, expuxemos o noso PROXECTO dun ascensor para o noso cole e ensinamos o noso póster de VALORES. Ademais vimos traballos doutros equipos, fixemos moitos amigos e amigas, divertímonos e pasamos moitos nervios. E quedamos nun moi bo posto.

 

Enlace á noticia publicada no Diario de Ferrol.       

NESRINE E EMMA DE 5ºB

SESION INFORMATIVA TEI 2020

O día 21 de xaneiro de 2020 a orientadora do noso centro escolar explicounos de que trataba o TEI.

Díxonos o que tiñamos que facer para axudar os nenos/as de terceiro a solucionar os problemas que poidan ter no patio. Iso non significa que os de 5º nos creamos mellores que os nenos pequenos.

Tamén nos contou que temos que procurar que non haxa VIOLENCIA NIN ACOSO NO COLEXIO.

 

SEYNI, BLANCA, JENI. 5ºA

TEATRO EN INGLÉS: UNBOXING ALICE (AFUNDACIÓN)

 

O venres 10 de xaneiro, os nenos e nenas de 5ºEP fomos ver unha obra de teatro chamada "Unboxing Alice" (versión de "Alicia no país das marabillas")

Na obra de teatro había tres escenas diferentes. Chamaban aos nenos/as para facer dalgúns personaxes xa que só había dous actores.

Pasámolo moi ben vendo como os nenos/as e os actores disfrazábanse e facíannos rir.

As escenas ían do que había dentro duns ovos: na primeira tocou un dinosauro e Alicia converteuse nun e tivo que loitar contra Donkey Kong.

Encantounos a experiencia e esperamos voltar outra vez.

Premer na seguinte imaxe para ver os nosos debuxos.

 

Alba e Nesrine, 5ºB 

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O luns, 25 de novembro, celebrouse o Día contra a Violencia de Xénero. No Recimil pegamos unhas follas cunha mensaxe nunha árbore moi fermosa.

Algunhas das frases son:

  • Non é non.
  • Non ao maltrato ás mulleres.
  • A miña vida ten valor, o meu corpo non ten prezo.
  • Se doe, non é amor.
  • No amor non todo vale.
  • Non lle digas que a queres e despois a maltrates.
  • Trátaa ben como che gusta que te traten a ti.

Valeu a pena. Aprendemos a non usar a violencia.

E lembrade: sempre hai que respectar aos demais. Seyni, Antón e Héctor (5°A)

PROXECTO "ARTE": VISITA DUNHA MADRIÑA ACTRIZ

 

A visita desta actriz foi o luns 11 de novembro. Chámase Desiré e é a madriña de Héctor.  Ela fai dobraxe, teatro e televisión. Dobrou personaxes na película "cars".

Ensinounos unha máscara, era dunha bandoleira galega, e tamén ensinounos a cambiar a voz.

Amosounos unha película de debuxos na que dobra a algún personaxe.

Grazas Desiré. Encantounos a túa visita!

  

Yeray B., Yeray G. e Héctor - 5ºA

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Nestas semanas celebramos o Samaín.

Fixemos concursos de cabazas e de contos de medo... Quedaron moi chulos.

O luns 4 de novembro pasamos un momento moi divertido e levamos algún susto. Visitamos a sala do medo!!!! UUUUHHHHHHHHHH!!!!

 

Héctor e Adahy, 5ºB

O MAGOSTO

 

O xoves 24 de outubro foi o MagostoCelebrámolo no pavillón. Os de 6º repartiron as castañas.

Estaban boísimas!!!!

Despois das castañas saímos ao patio.

Pasámolo  ♥ XENIAL ♥

 

Estas son imaxes do Magosto:

 Alicia (6ºA), Seyni e Lía (5ºA)

CARREIRA CONTRA A LEUCEMIA

O 25 de outubro o colexio Recimil participará na carreira contra a leucemia infantil.

A carreira será na Praza de España a partir das 12. 

Queremos recadar diñeiro para a investigación, podedes traer 1 € ou máis, o que poidades.

Para lembrar mellor o que é a leucemia podedes ver estes vídeos:

 

Volta ao cole contra a leucemia infantil: cen mil historias que emocionan (2:12).

 

 Antón e Blanca, 5°A

 

ONDAS DE ILUSIÓN

O dia 3 de octubro, 5º e 6º fomos a Cabanas (Pontedeume), facer kayak na desembocatura do río Eume.

E participamos nunha actividade de facer o noso Potabilizador Solar e vimos un forno solar que servía para cociñar.

E contáronnos que non temos que contaminar o medio ambiente.

NESRINE E EMMA 5ºB

Distribuir contido


by Dr. Radut