Nos seguintes enlaces atoparedes información da App Moodle Mobile, para traballar na aula virtual cos dispositivos móbiles:
Que facer coa App Moodle Mobile
Que facer coa App Moodle Mobile
Webex
CHARLA PARA AS FAMILIAS
O Centro de Formación e Recursos de Pontevedra en colaboración coa dirección do CEIP Ramón de Valenzuela, co obxectivo de mellorar o acompañento no proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado, ofrécelles a posibilidade ás familias de participar nunha videoconferencia, cunha duración aproximada de hora e media, para o coñecemento das ferramentas tecnolóxicas educativas a súa disposición, na que se tratarán as seguintes temáticas:comunicación a través de abalarMóbil, emprego das plataformas de videoconferencia (Webex e Falemos) e acceso aos contidos educativos a través da aula virtual do centro.
A data e o horario están aínda por determinar. Para unha mellor organización desta iniciativa necesitamos coñecer a demanda da mesma, polo que rogamos nos comuniquen se estarían interesados en asistir á videoconferencia poñéndose en contacto no E-mail do centro:
ceip.ramon.valenzuela@edu.xunta.gal
"DigiCraft no teu Cole" é un proxecto enmarcado dentro do Programa DigiCraft de Fundación Vodafone, que ten como obxectivo formar a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos nas competencias dixitais que lles permitirán afrontar mellor o seu futuro.
Esta fin de semana dabanse a coñecer os premios Voz Natura 2019-20, sendo o noso centro o CEIP RAMÓN DE VALENZUELA o que acadaba o PREMIO PROVINCIA DE PONTEVEDRA.
O equipo Voz Natura do CEIP Ramón de Valenzuela de Bandeira (Silleda) asina o que o comité científico define como «un dos proxectos máis bonitos» do programa. O Proxecto co título "Coidar o noso e cousa de todos" consistíu na recuperación do espazo natural do Coto dá Gaiteira para goce de toda a comunidade. O espazo natural, cheo de especies invasoras, foi transformado polos escolares que tamén localizaron vertedoiros e puntos negros da zona. Ademáis, realizáronse actividades no centro como: reciclaxe, crear un compost para o noso horto ecolóxico e difundir a sensibilidade ambiental a través das súas ecopatrullas.
Este ano o alumnado de Educación Infantil realizou unha pequena manualidade para conmemorar a festividade do Samaín. Preme no video e non te perdas o bo traballo que fixeron!!!.
Lembrámosvos que o vindeiro luns, día 2 de novembro, é o día non lectivo solicitado polo centro, polo que non haberá clases. Desexámosvos un bo descanso!!!
Dende o centro queremos comunicar que se prohíbe o uso de xel hidroalcohólico individualizado, xa que todos os espazos contan con xel hidróalcohólico suministrado e supervisado polo persoal do noso centro. Polo tanto, pregamos que non lle manden aos nenos/as botes individuais de solución hidroalcohólica xa que se atoparían fóra do noso control.
Moitas grazas!!!
Dende o luns día 19 ata o 31 de outubro, teremos no noso centro o Mini eco punto limpo do programa #ESTRAAE que puxo en marcha a Deputación de Pontevedra, con tres depósitos para dispositivos móbiles (teléfonos e tablets), cargadores e pilas. Todas as familas que queirán colaborar en materia medioambiental poderán mandar polos seus fillos todos aqueles útiles que queiran reciclar! A vosa colaboración e imprescindible para coidar o noso entorno. Animádevos!!!
(Foto do Mini eco punto limpo situado no hall do noso centro)
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |