Neste curso

Segunda fase no Ecopreguntoiro

 Esta mañá o alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Ramón de Valenzuela participou nunha nova edición do programa Ecovoz correspondente aos cuartos de finais do programa Ecopreguntoiro.

Os nenos e nenas competiron en inxenio para defender os contidos aprendidos e así facer fronte as preguntas que Fran Rodríguez lles iba dicindo. 

Para saber en que desencadenou o enfrontamento do noso centro cos compañeiros/as do Ceip Manuela Rial Mouzo, de Cee, deberedes estar atentos as emisoras de Radio Voz en Galicia que ofrecerán, cada venres de 17.00 a 18.00 horas, a nova tempada do programa medioambiental Ecovoz.

 

 

8 Marzo : Mulleres líderes

O Día Internacional da Muller 2021 reivindica os dereitos das mulleres  baixo o lema:  “Mulleres líderes: Por un futuro igualitario no mundo da  Covid-19”, celebra os enormes esforzos realizados por mulleres e nenas de todo o mundo á hora de definir un futuro máis igualitario e a recuperación ante a pandemia de  Covid-19, e resalta as deficiencias que persisten. A campaña da ONU pretende mobilizar a todas as persoas, incidindo en que coa participación e o liderado plenos e efectivos das mulleres en todos os ámbitos da vida conséguese o progreso para todo o mundo.

A Axenda 2030 marca como obxectivo número 5: Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas. Dende o noso centro queremos defender a igualdade de xéneros e ofrecer lugares, e actividades, de encontro e empoderamento.

Por eso estade atentos a nosa WEB e o Blog da Biblioteca que temos varias actividades preparadas para conmemorar este día tan importate!!

Os bolechas no cole

Disfruta do capítulo dos bolechas emitido o pasado fin de semana na TVG2 onde o alumnado do CEIP Ramón de Valenzuela (Bandeira) amosa o proxecto sobre a radio que teñen en marcha:  “Radio Garabullo” .

 (Preme na imaxe para acceder o video)

Coñece o noso centro de forma virtual

Un ano máis ábrese o prazo de incorporación do novo alumnado ao centro.

Este ano debido á pandemia que estamos a padecer, non podemos facer unha xornada de portas abertas como nos gustaría. Por dito motivo, ímosvos ensinar o noso centro ademais de darvos toda a información precisa para esta primeira toma de contacto.

 

EMISIÓN TVG 2 OS BOLECHAS NO VOSO COLE

Maña 27 de febreiro ás 11h na TVG2 emitiranse os capítulos dos colexios:

  • Ceip de Chancelas "Martes con arte"
  • Ceip Ramón de Valenzuela "Radio Garabullo"

Estade atentos a pantalla!!! . Non o perdas!!!

 

 

Concurso Ecovoz

O alumnado de 6º participou no programa de radio Ecovoz superando esta primeira ronda. Se queredes ver como foi escoitade este pequeno resumo.

 

Trasdeza Pinta o Camiño

 O Alumnado de 6º curso do noso colexio participou ,este martes, na primeira fase do proxecto Trasdeza Pinta o Camiño. Estudiantes dos distintos centros do municipio participan nesta iniciativa para a promoción e dinamización da ruta Xacobea ao seu paso polo municipio tomando como referencia as artes plásticas.

 

O Foxo - Bandeira foi o destino para os alumnos/as do Ceip Ramón de Valenzuela. Os estudantes analizaron e estudaron este enclave histórico por onde pasa o Camiño  guiados por persoal de Amarelas e polos mestres do noso cole. Recibiron material promocional así como unidades didácticas creadas para este proxecto.

 

Entroido 2021

Neste ano especial dende o cole gozamos do Entroido con varias actividades. Convertímonos en caminantes que chegan a Santiago, nas aulas divertímonos cos disfraces de cada compañeiro/a e tamén asistimos dende as fiestras do cole o "Alto dos xenerais".

No seguinte video podedes ver o alumnado do centro disfrazado e gozando do Entroido.

 

 

 

Día Mundial da Radio 2021 – World Radio Day 2021

A radio é un medio de comunicación que nos permite estar preto da xente. Sentila e coñecela un pouco mellor. A radio acompáñanos, infórmanos, divírtenos, fai que sintamos que non estamos sós.

Aínda que xa ten máis de cen anos a radio evolucionou co mundo, innovando, adaptándose ás novas realidades socias e tecnolóxicas, pero sempre mantendo a súa capacidade de conectarnos.

O 13 de febreiro a UNESCO promove o Día Mundial da Radio, nós para festexalo imos facer unha viaxe no tempo, da man das nosas avoas, dos nosos pais, dos nosos tíos, das bisavoas … de toda a xente que ao igual que todos nós, dende que eran pequenas estiveron acompañadas pola maxia da radio.

Deixémonos levar durante uns minutos nesta máquina do tempo polas lembranzas das persoas que nos acompañan e nos queren e achegan as súas voces dende as catro provincias galegas desde os seguintes centros educativos: CPI Manuel Suárez Marquier no Rosal, CEIP Ramón de Valenzuela en BandeiraCEIP Ben-Cho-Sey de Pereiro de Aguiar, CEIP Frian en Teis, CEIP Víctor Saénz en Mazaricos, CEIP da Torre Cela en Bueu, IES Valadares de Vigo, CEIP A Ponte de Lugo, CEIP Plurilingüe de San Benito de Lérez en Pontevedra e o CEIP Plurilingüe de Chancelas en Combarro.

Powered by Drupal - Design by artinet