Neste curso

Saída Infantil "De aquí para alá"

Mañá mércores 4 de Marzo o alumnado de Educación infantil do noso centro disfrutará dunha saída o Auditorio de Santiago de Compostela onde disfrutará dun concerto didáctico dentro das actividades programadas na Semana de Rosalía.

O concerto De aquí para alá” é unha proposta musical e teatral para público infantil e familiar interpretada por músicos profesionais coordinados por Lydia Botana, autora e directora deste espectáculo que víu a luz en novembro 2015 cando sae o libro-disco coas cancións e a historia pola que xira este concerto editado por Edicións Cumio.

 

DE AQUÍ PARA ALÁ é un proxecto de música infantil no que viaxamos arredor do mundo aprendendo, escoitando, bailando e cantando as músicas de cada lugar facendo partícipe ó público que nos acompañe na procura de novos sons!

O formato do concerto consta dunha posta en escea musical formada por unha instrumentación variada: dende o piano, a batería, o acordeón, os bongoes, campás, … Contamos con instrumentos típicos de cada lugar polo que iremos pasando coma a kalimba, o didgeridoo, as cunchas… xunto cun variado set de pequena percusión que abrangue dende pandeiretas, pao de choiva… e un sinfín de cacharradas que despertarán a curiosidade dos asistentes a este concerto.

 

A través da música contaremos a historia dunha bolboreta que remata a súa metamorfose co son dos instrumentos musicais. Embarcarémonos nunha viaxe musical arredor do mundo pasando por Brasil, Cuba, Xamaica, os Balcáns, Estados UnidosGalicia e lugares máxicos por descubrir.

Cantaremos co público o retrouso que nos levará ó seguinte lugar transportando unha mesma melodía por xéneros musicais coma a bossa-nova, o rap, o son cubano, o reggae, o ska

Unha divertida aventura na que descubriremos paisaxes sonoras distintas disfrutando e aprendendo ó mesmo tempo.

 

"Parabéns na hora de comer e as novas do tempo de lecer" (2-3-2020)

Hoxe tivemos na hora da comida unha nova emisión en directo do programa "Parabéns na hora de comer e as novas do tempo de lecer" da man de Rosalía e Brais. Podes escoitar o podcast en Radio Garabullo. Non volo perdades!!!

Deporte escolar 2020

Esta mañá celebrouse, no Polideportivo de Silleda, unha nova xornada de deporte escolar onde os protagonistas desta nova convivencia foron os nenos e nenas de 5º e 6º. Ao longo de toda mañá disputáronse varios partidos de fútbol sala, reinando a deportividade e o bo ambiente nas gradas.

Entroido 2020

Xa podes acceder ao resumo do desfile do Entroido deste pasado Venres día 21 de Febreiro!!

 

"Alto dos xenerais"

Un ano máis, o noso cole, tivo a oportunidade de disfrutar dun anticipo do Entroido de Bandeira coas arengas do "Alto dos xenerais". Un traballo moi duro de achegamento a nosa tradición oral, que esixe un gran esforzo, e que terá a súa recompensa o sábado 22 de febreiro no parque de Bandeira. Non perdades a oportunidade de velo en directo!!!!

(Isaac esta tarde frente os compañeiros do CEIP Ramón de Valenzuela)

(Representantes do "Alto dos xerenais 2020")

As profesións non teñen xénero

Hoxe os nenos e nenas de quinto de primaria, tiveron a primeira das charlas dun ciclo de tres, onde a temática da Igualdade será o eixe de todas elas. O centro CIM (Centro da información á muller en Silleda) será o encargado de impartir todas estas sesións. Esta mañá  os nosos alumnos disfrutaron da primeira delas co  título "Ás profesións non teñen xéreno" .

Disfraces do Entroido

As portas das nosas aulas xa escolleron o seu disfrad!!! Ti xa sabes de que vas vir? Lembrade que o próximo Venres 21 de febreiro poderás vir disfrazado ao colexio, ese día celebraremos un desfile (sen concurso), disfrutaremos das actuacións que temos preparadas e como non do Gran Baile do Entroido!!!

(Aula de 6º de Primaria)

IV Encontros Escolares do Entroido

Un ano máis o noso centro participa nos Encontros Escolares do Entroido organizado polos colexios e institutos da zona (CEIP Nosa Señora da Piedade, IES Marco Camballón, Ceip Cerdiñas, Ceip de Merza e o Ceip Ramón de Valenzuela) coa colaboración do Concello de Silleda o Concello de Vila de Cruces e a Asociación Vello dos Cornos. Esta nova edición que xa cumpre a IV xuntaza, organizarase maña Xoves 20 de Febreiro ás 10:30 no Auditorio Municipal de Vila de Cruces e particiaparán os alumnos/as de 6º de primaria do noso cole.

Chegou o Entroido o Ceip Ramón de Valenzuela

Chegou o Entroido o Ceip  Ramón de Valenzuela!!! Damos comezo a unha semana chea de actividades onde vos seredes os grandes protagonistas, estade atentos as nosas redes sociais que os teremos ven informados!!! E que viva o Entroido!!!!

(Imaxe do noso Hall adornado cas caretas feitas polo alumnado do noso centro)

 

"Parabéns na hora de comer e as novas do tempo de lecer"

Lembrade que hoxe teremos unha nova emisión en directo do programa "Parabéns na hora de comer e as novas do tempo de lecer"  da man de Rosalía e Brais. Podedes escoitar os podcast en Radio Garabullo. Non volo perdades!!!!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet