Mañá mércores 4 de Marzo o alumnado de Educación infantil do noso centro disfrutará dunha saída o Auditorio de Santiago de Compostela onde disfrutará dun concerto didáctico dentro das actividades programadas na Semana de Rosalía.
O concerto “De aquí para alá” é unha proposta musical e teatral para público infantil e familiar interpretada por músicos profesionais coordinados por Lydia Botana, autora e directora deste espectáculo que víu a luz en novembro 2015 cando sae o libro-disco coas cancións e a historia pola que xira este concerto editado por Edicións Cumio.
DE AQUÍ PARA ALÁ é un proxecto de música infantil no que viaxamos arredor do mundo aprendendo, escoitando, bailando e cantando as músicas de cada lugar facendo partícipe ó público que nos acompañe na procura de novos sons!
O formato do concerto consta dunha posta en escea musical formada por unha instrumentación variada: dende o piano, a batería, o acordeón, os bongoes, campás, … Contamos con instrumentos típicos de cada lugar polo que iremos pasando coma a kalimba, o didgeridoo, as cunchas… xunto cun variado set de pequena percusión que abrangue dende pandeiretas, pao de choiva… e un sinfín de cacharradas que despertarán a curiosidade dos asistentes a este concerto.
A través da música contaremos a historia dunha bolboreta que remata a súa metamorfose co son dos instrumentos musicais. Embarcarémonos nunha viaxe musical arredor do mundo pasando por Brasil, Cuba, Xamaica, os Balcáns, Estados Unidos, Galicia e lugares máxicos por descubrir.
Cantaremos co público o retrouso que nos levará ó seguinte lugar transportando unha mesma melodía por xéneros musicais coma a bossa-nova, o rap, o son cubano, o reggae, o ska…
Unha divertida aventura na que descubriremos paisaxes sonoras distintas disfrutando e aprendendo ó mesmo tempo.