Música

Música 5º de Primaria

O alumnado de 5º de Primaria pode repasar o nome das notas musicais e o valor das figuras na seguinte lámina que podedes atopar nesta páxina.

Como sei que tendes bo oído, intentade facer a serie de ritmos interactivos a través do xogo. Deixovos o enlace!

Tamén podedes recordar a vosa sabedoría sobre Música a través do trivial musical de Musizón.

E para rematar a xornada, invítovos a que toquedes na vosa frauta doce estas canción tan divertidas que levan acompañamento!!!
PD: Aquí vos queda un enlace dunha páxina web onde podedes revisar a posición dos dedos para tocar as notas

https://aprendomusica.com/const2/posicionesFlauta/posicionesflauta.html

https://aprendomusica.com/const2/17ritmo4compases1/ritmo4compases1.html (xogo interactivo ritmos)
https://www.musicaeduca.es/recursos-aula/juegos/127-juegos-de-musicaeduca (trivial musical de Musizón)
https://www.youtube.com/watch?v=VOKcBBLFhqo&feature=emb_rel_end (canción do lume)

https://youtu.be/qYzeokIavZI (canción 10 con poucas notas)

 

Música 4º de Primaria

O alumnado de 4º de Primaria dispón dunha serie de láminas para traballar as notas musicais e o seu valor. Recordade que non todas duran igual e que cada unha ten o seu silencio correspondente

Tamén vos deixo unha partitura para que poidades amenizar o voso domicilio nestes días e un xogo interactivo para que rematedes a xornada dunha forma percusiva TRUM, TUN, TÁ!

Idea: podedes facer o ritmo do xogo interactivo con algún recurso que teñades polas casa que poidades golpear (cubo, caixa, etc)

 

Música 3º de Primaria

O alumnado de 3º de Primaria pode recordar as notas musicais e o lugar que ocupan no pentagrama así como a clave de sol (que lle da nome as mesmas).

Como a grafía da clave de sol é un chisco enrevesada....podemos disfrutar facéndoa no xogo que vos propoño.

E para rematar a xornada, deixovos unha peza musical que se basea nas notas si, la e sol para que saquedes a vosa frauta doce

https://aprendomusica.com/const2/13dibujaclavesol/dibujaclavesol.html (xogo clave de sol)

Música 2º de Primaria

O alumnado de 2º de Primaria pode repasar o lugar que ocupan as notas musicais no pentagrama a través destas láminas e tamén, pode disfrutar e amenizar a xornada coa frauta doce a través desta partitura tan divertida que contén as notas La e Si. Ollo que tendes os silencios de negra...shhhhh

Música 1º de Primaria

Para estes días tan diferentes, o alumnado de 1º de primaria pode disfrutar da Música a través do repaso das notas musicais.

Para elo envíovos unha serie de láminas moi divertidas (ollo que unha delas é unha especie "chuleta"...shhhhhhh). 

Outras actividades interactivas nas que podedes aprender xogando son as do mago Musizón. Deixovos o enlace e animádevos a facelas! 

 

https://www.musicaeduca.es/recursos-aula/juegos/127-juegos-de-musicaeduca (xogo interactivo)

Música Educación infantil

 Para amenizar estes días de corentena, sempre o podemos levamo mellor con música. Por iso, invito a todo o alumnado de Infantil a descargar estas divertidas láminas sobre conceptos que traballamos na aula e a disfrutar dun momento interactivo a través do xogo de Musizón. Ao final das actividades podedes cantar as cancións das notas musicais porque xa as aprendimos todas!!!

https://www.musicaeduca.es/recursos-aula/juegos/127-juegos-de-musicaeduca (xogo interactivo)

https://www.musicaeduca.es/recursos-aula/nuestras-canciones/cuadernos-de-musizon/5575-son-las-notas-musicales-cancion-infantil-para-jugar-con-las-notitas-de-musicaeduca (canción das notas musicais)

 

Saída Infantil "De aquí para alá"

Mañá mércores 4 de Marzo o alumnado de Educación infantil do noso centro disfrutará dunha saída o Auditorio de Santiago de Compostela onde disfrutará dun concerto didáctico dentro das actividades programadas na Semana de Rosalía.

O concerto De aquí para alá” é unha proposta musical e teatral para público infantil e familiar interpretada por músicos profesionais coordinados por Lydia Botana, autora e directora deste espectáculo que víu a luz en novembro 2015 cando sae o libro-disco coas cancións e a historia pola que xira este concerto editado por Edicións Cumio.

 

DE AQUÍ PARA ALÁ é un proxecto de música infantil no que viaxamos arredor do mundo aprendendo, escoitando, bailando e cantando as músicas de cada lugar facendo partícipe ó público que nos acompañe na procura de novos sons!

O formato do concerto consta dunha posta en escea musical formada por unha instrumentación variada: dende o piano, a batería, o acordeón, os bongoes, campás, … Contamos con instrumentos típicos de cada lugar polo que iremos pasando coma a kalimba, o didgeridoo, as cunchas… xunto cun variado set de pequena percusión que abrangue dende pandeiretas, pao de choiva… e un sinfín de cacharradas que despertarán a curiosidade dos asistentes a este concerto.

 

A través da música contaremos a historia dunha bolboreta que remata a súa metamorfose co son dos instrumentos musicais. Embarcarémonos nunha viaxe musical arredor do mundo pasando por Brasil, Cuba, Xamaica, os Balcáns, Estados UnidosGalicia e lugares máxicos por descubrir.

Cantaremos co público o retrouso que nos levará ó seguinte lugar transportando unha mesma melodía por xéneros musicais coma a bossa-nova, o rap, o son cubano, o reggae, o ska

Unha divertida aventura na que descubriremos paisaxes sonoras distintas disfrutando e aprendendo ó mesmo tempo.

 

CANCIÓN DE NADAL

Os nenos e nenas de 4º e 5º de Primaria compuxeron e interpretaron, coa axuda da profe de música, unha panxoliña coa que aproveitamos para felicitarvos o Nadal.

 

 

RESULTADO DO CONCURSO INCREDIBOX

Preme no ficheiro adxunto para poder ler os códigos QR.

INCREDIBOX

        

Powered by Drupal - Design by artinet