Skip to Content

Outra mañá divertida na Residencia de Maiores da Milagrosa

18/01/2019 22:28

Queremos compartir con vós  a actuación que o noso alumnado de 6ºB tivo diante dos maiores da Residencia da Milagrosa a propósito do proxecto interxeneracional no que participa o cole.

 

 Escolleron unha peza de teatro na que os protagonistas eran os animais e que gardaba unha axeitada reflexión que compartimos.

 Os rapaces e rapazas fixérono moi ben no escenario e fóra del,pois foi un esforzo extra nos ensaios pero que superou con creces o esperado 

A representación rematou coa lectura dun poema de Saramago ,  moi aplaudido polos alí presentes,xa que trataba o tema dos maiores con moito cariño .

 

           Moitas grazas por recibirnos

                           e vide ao Centro cando queirades !



event | by Dr. Radut