Temos mala sorte este curso coas saídas que fixemos este ano :
choveunos en todas ! Pero nesta ocasión só foi á volta do Parque de
Tráfico,logo de montar nos karts,bicis e pedais ...menos mal !.
Aproveitamos para facer unha foto diante dun dos grafittis que no
camoño ata alí hai,e este pareceunos que estaba ben...as caras son
moi paveras!
Se chove,deixa chover !
Fixámonos nesta escultura adicada a López Mella,piloto de
motos polo que o Parque leva o seu nome.Pódese ver nos xardíns
da Milagrosa.
Ah ,e tamén vimos un vídeo e ata xogamos un pouco mentres nos
tocaba a quenda ! Pasámolo ben ! E moitas grazas a Losada !
Pinchade no Adxunto para ver un breve resumo da actividade
Adjunto | Tamaño |
---|---|
Video_20180614225909520_by_videomaker.mp4 | 14.76 MB |