Skip to Content

DISTRIBUCIÓN GRATUITA DE MASCARILLAS PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA

Estimadas familias:

Quero informarlles que con data de 13 de novembro saiu publicado no DOG a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regula os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial en Centros Docentes Públicos dependentes desta consellería e en centros concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E)

ALUMNADO DESTINATARIO:

1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.

2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes    circunstancias, pero:

  a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €               

  b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar.

 

NON TERÁ QUE SOLICITAR A AXUDA OS BENEFICIARIOS DA AXUDA DE MATERIAL

                                                                                     Marta Castro

                                                                                    A DIRECTORA

 

AdjuntoTamaño
DISTRIBUCIÓN GRATUITA DE MASCARILLAS.pdf608.65 KB


blog | by Dr. Radut