Skip to Content

Que será?

Estos carteis apareceron pegados nas portas das aulas...por que será?

 

Entroido 2017

Un cento de superpoderes xuntáronse o día do Entroido no cole, O que quedou claro é que non nos falta o superpoder de pasalo ben!!

Graciñas ao grupo MERLÁN por agasallarnos con ese fin de festa tan especial, vaia sorpresa!

Preme na imaxe para ver as fotografías do entroido

 

Peter Pan

O pasado venres, o alumnado de 1º e 2º de primaria viaxou ata Lugo para desfrutar do musical Peter Pan no Auditorio Gustavo Freire.

Viñeron encantados dese mundo máxico, preme na imaxe para ver algunha fotografía do día!

 

Escola de Prensa

O redactor xefe de El Progreso, Xosé Manuel Freire, visitou hoxe a aula de 6º para charlar cos chavales sobre as súas funcións dentro do xornal, as seccións dun xornal...dentro do proxecto no que participan e que se chama Escola de Prensa, no que os rapaces e as rapazas elaborarán o seu propio xornal.

Unha actividade moi interesante que motivou moito ao alumnado para poñerse mans á obra co seu proxecto!

 

 

Cofre segredo

Os nenos e as nenas de Educación Infantil viaxamos nun bus con volante amarelo para chegar ata o cofre segredo que tiña...

...se queres sabelo terás que premer na imaxe

Palas canta por Siria

No día de hoxe centos de colexios de toda España sumáronse á iniciativa dun grupo de mestres de música e cantaron simultáneamente esta canción con letra de Inés García del Barrio e música de Morat. Na aula de 6º de primaria cantárona así de ben, escoita, escoita!!

 

Día da Paz 2017

Como cada 30 de xaneiro, conmemoramos no cole o Día da Paz. Preme na imaxe para ver algunha fotografía do día

Este ano, fixémolo escoitando recitar unha poesía ao alumnado de Educación Infantil, afinando ben o oído para desfrutar co violín das nosas compañeiras Carmen, Silvia e Paula e bailando xuntos "Humanamente" da cantautora Sés.

E como dí a canción...que pertinente, andar pola vida humamente...HOXE E SEMPRE! 

 

Lectura: paz

Ocórresevos algún lugar onde poder desfrutar da lectura nun recanto de PAZ?

Claro, a biblioteca do cole!!

Nela atoparedes calma e tranquilidade...non deixedes de visitala e ollar de preto as lecturas recomendadas, mentras tanto desfrutade deste video.

E para tí, que é a paz?

 

Aula TIC

O alumnado de Educación Infantil elaborou unhas normas para poñer en práctica na aula de informática. Preme na imaxe para lelas polo miúdo!

Nadal 2016

O pasado mércores tivo lugar o tradicional festival de Nadal, no que poidemos escoitar varias cancións, desfrutar de bailes de distintos lugares, ver obras de teatro, recibir os premios do concurso de postais do Concello e do cole, e o máis importante...contaxiarnos de enerxia para seguir desfrutando das festas. 

Preme na imaxe se queres ver algunha fotografía do festival

Distribuir contido


by Dr. Radut