Skip to Content

Calendario escolar curso 2016/2017

Preme na imaxe para ver o calendario do curso 2016/2017

Xogo outono

As nenas e os nenos de Educación Infantil estivemos xogando no EDI (Encerado Dixital Interactivo)

Fixémolo moi ben e gustounos tanto que seguiremos traballando para acadar unha mellor habilidade! Deixámosvos unha actividade sobre o outono para que poidades seguir practicando no ordenador das vosas casas. So tedes que premer enriba da imaxe e...a xogar!

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

O 22 de Xuño, celebramos no noso colexio a festa de fin de curso, onde todos os nenos e nenas, poideron gozar de numerosos xogos, bailes e dun espectáculo de maxia. Finalmente,entregamos un diploma a persoa gañadora do certame de contos.Se premedes na imaxe, poderedes acceder a galería fotográfica.

 

 

 

 

 

SAÍDA DO ALUMNADO DO 1º CICLO Á CIDADE DA CORUÑA

O pasado día 21 de xuño, as nenas e nenos do 1º ciclo visitaron a cidade da Coruña. Pola mañá foron á Casa das Ciencias e ao Planetario. Comeron no Domus e remataron coa visita ao Domus e ao Acuario.

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER Á GALERÍA

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO: LISTAXE DEFINITIVA

LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS DE TEXTO.

Nesta listaxe ao lado do nome do alumno/a aparecen os libros que o alumnado recibirá en setembro no centro.

Recorde que deberá adquirir os que non aparecen no listado así como os caderniños correspondentes ás diversas materias.

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO: LISTADO PROVISIONAL

LISTADO PROVISIONAL FONDO LIBROS DE TEXTO

Neste listado, ao lado do nome do alumno aparecen os libros que o centro lle proporcionará e que por tanto non terá que adquirir, para o vindeiro curso 2016/17.

TODAS AS SOLICITUDES FORON ADMITIDAS, polo que no caso de que non apareza ningún libro adxudicado, deberá agardar á publicación da LISTAXE DIFINITIVA (xoves, 7) para coñecer os libros que non terá que comprar.

Recorde: que esta listaxe non é a difinitiva. Dispón de dous días para reclamacións.

Ante calquera dúbida pode poñerse en contacto coa secretaría do centro.

PROBAMOS O MEL

Os nenos de Infantil fixeron un proxecto sobre as abellas, no cal, aprenderon onde viven as abellas, as clases de abellas que existen, as propiedades do mel....

Para rematar o proxecto, fixemos unha degustación de productos con mel. Clicade na imaxe para acceder a galería.

ANIVERSARIOS 3º TRIMESTRE INFANTIL

O penúltimo día de clase, os nenos e nenas de Infantil que cumplen no 3º trimestre e no verán, festexaron os aniversarios.Tomaron moitos aperitivos e unha tarta de lacasitos riquisima. Invitamos os nenos de 6º de Primaria, xa que para o ano non estarán con nos.

Clicade a imaxe para acceder a galería.

MONTE CAREÓN

O xoves 16 de xuño,o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria visitaron a Serra do Careón, para celebrar o día do vento. Aprenderon moitas cousas da enerxía renovable. 

Clicade para ver as fotografías.

SAÍDA A MARIÑA LUCENSE 3º CICLO

O pasado 10 de xuño,os nenos e nenas do 3º ciclo de Primaria, foron de excursión a Mariña Lucense. Pola mañá visitaron o Barco Museo en Burela,posteriormente acudiron a Fábrica de Xeo . Para rematar a sesión matinal, asistiron a Fábrica de Cerámica Sargadelos, que está sita no Cervo. Despois xantaron ó aire libre no "parque dos namorados". Pola tarde, visitaron o Museo do Mar en San Cibrao e a Lonxa de Burela, donde coñeceron o oficio das redeiras.

CLICADE NA IMAXE PARA VER AS FOTOS.

Distribuir contido


by Dr. Radut