Skip to Content

Monthly archive

Regata Miño Internacional

Regata Miño Internacional


18 Xaneiro 2015


Centro Interfederado Tui


O domingo 18 de Xaneiro tera lugar a Regata Internacional. Dita proba constara de 6km de distancia coa participacion de barcos de remo 8 con timonel.


A saida sera dende San Pedro da Torre en Portugal e a Chegada sera as 12 ao Centro Interfederado en Tui.


Esperase a participacion de embarcacions de España e Portugal, con unha participacion de 300 remeiros aproximadamente.


 


 


 

CASTELO DE SOBROSO

 

 

 

Estivemos no castelo de Sobroso. Cando chegamos fixemos unhas pequenas obras de teatro representando a época na que Dona Urraca se escondeu no castelo.

Logo visitamos algunhas das súas estancias, nunha delas contáronnos a historia do morcego Oracio. Oracio é un morcego que vive nun pozo do castelo, algúns poidémolo ver.

Despois, fixemos un pequeno descanso para merendar. Continuamos cunha ruta de senderismo polos arredores do castelo recollendo froitos e follas do outono.

Tamén coñecemos o nome de moitas das árbores que alí se atopan. Na nosa ruta atopámonos cunha sobreira, unha árbore moi máxica, abrazámonos a ela para que nos dese moita enerxía para continuar coa nosa andaina. Contáronnos que o castelo chámase Sobroso porque hai moito moitos anos había moitas sobreiras.

Continuamos finalmente a baixada ata o autobús que nos levou de volta ao cole.

Xogando o Atletismo

O vindeiro venres día 20 de Febreiro en horario de 10:00h a 13.00h, terá lugar no pavillón Vello de Tui a Proba escolar de Atletismo en Pista, na que o noso centro participará con outros centros da nosa zona.

Aquí podedes ver as probas que levaremos a cabo

 

 

Visita de 5º e 6º a Balaidos.

O pasado Venres día 11 de Decembro de 2014, o alumnado do 3º Ciclo do Ceip Nº2 de Tui visitamos o Estadio de Balaídos.

Tivemos oportunidade de estar na Sala de Prensa, no Museo do Estadio, no vestiario dos Xogadores, no Terreo de Xogo, nos Banquitos e nas gradas.

Descubrimos cousas moi curiosas e interesantes, como que:

 

  •   Celestino foi a mascota e o xogador número 12 do equipo durante moitas tempadas, e grazas a él o Celta gañou moitos partidos.

 

  •  Antes de existir o equipo do Celta, en Vigo había varios equipos de fútbol, na cidade, que decidiron xuntarse dando lugar a este grande equipo.

 

  • Nos seus comezos o equipo viaxaba nun autobús descapotable que lle regalara un grupo de emigrantes Galegos en Cuba. Pero como aquí chove moito, mollábanse moitas veces.

Aquí vos deixamos unhas fotos interesentas para que vexades o ben que o pasamos.

 

   
   

 

 

 

Iván Alonso no Rio Negro (Arxentina)

 Iván Alonso Participa no 50 Aniversario do Río Negro en Arxentina do 10-17 de Xaneiro.

 A proba de Kaiak do Río Negro, Arxentina, contará este ano coa presenza do antigo alumno do Ceip Nº2 de Tui, Iván Alonso. Esta proba considerada o París-Dakar do piragüismo, consta de 6 etapas de 45-50km cada unha. Desenrólase  do seguinte xeito:

Compítese 2 días,

Descánsase un día,

Compítese 2 días,

Descánsase un día,

E faise a última proba a contrarreloxo.

Iván é a primeira vez que participa nunha proba de este tipo, e canda el viaxa tamén o veterán e Mestre da Guarda Alberto Díaz que se proclamou campión na súa categoría a edición pasada de esta proba.

Todo un reto para Iván. Dende o centro desexámosche moita Sorte Campeón.

Aquí vos deixamos o enlace a Escoita Deporte, onde podemos escoitar as súas verbas antes de marchar rumbo a Arxentina.

 Escoita Deporte.

http://www.goear.com/listen/df16d83/programa-27-ivan-alonso-escoita-deporte-rmt

Na primeira etapa Iván consigue entrar segundo na clasificación xeral. Aquí podedes seguir a proba cos resultados diarios e ver a súas fotos:

  E tamén fotos e Videos de toda a competición

http://www.rionegro.com.ar/diario/regata-del-rio-negro-la-defensa-del-titulo-esta-en-marcha-5652538-9522-nota.aspx

Na Segunda etapa Iván consegue entrar primeiro de etapa, pero continúa segundo na xeral. Desexámoslle sorte na seguinte xornada

https://www.youtube.com/watch?v=oZ8O32EQBqA#t=223

 Na terceira xornada Iván disputou a contrarreloxo de 50 kilómetros, que resultou dura e exixente para todos. Iván Alonso invirtiu casi tres horas en poder realizala. Pero logrou parte do seu obxetivo ao conseguir reducir a sua desventaxa con Pascual Orellana. Entre o palista do Kayak Tudense e o seu adversario sólo son 32 segundos de diferencia. Polo tanto, o duelo entre ambos será intenso nos dous días de competición que restan por disputarse.

Infominho - JORNADAS DECISIVAS PARA LOS PALISTAS GALLEGOS EN ARGENTINA - INFOMIÑO - Informacion y noticias del Baixo Miño y Alrededores.

Restan por disputarse duas probas. Despois de unha xornada de descanso, os palistas afrontarán o percorrido entre Sauce Blanco e Oyuela, de 64 kilómetros. É a máis larga das seis e polo tanto pódese considerar como a decisiva. Os palistas terán que remar aproximadamente cuatro horas.
Para o último día queda a etapa entre San Javier e Viedma. Son 24 kilómetros, unha distancia inferior a unha prueba de maratón, e polo tanto  espérase que sea moi rápida.

 

  Rematada a proba de competición, Iván non foi quen de acadar o seu soño, gañar esta regata. Ao final da mesma foi segundo a 9 segundo do Campión Pacual Horacio Orellana. Noraboa boa a todos os participantes de tan dura proba.

Aquí podedes escoitar a entrevista que Justi Peixoto lle fixo en Escoita Deporte:

Facebook Escoita Deporte - RMT

23 de enero a la(s) 21:40 · 

Programa 31.- Iván Alonso e Alberto Díaz, do Kayak Tudense que veñen de participar da Regata Internacional do Río Negro en Arxentina. 
Escoitar Entrevista: http://ow.ly/HQzwS

O equipo Alevín do club Balonmán Tui segue a colleitar victorias

O equipo Alevín do club Balonmán Tui segue a colleitar victorias, as das últimas xornadas, deixan boa mostra delas.

Ante a Sar de Redondela o equipo tudense gañou contundentemente.

Sar-Tui 3-3*/0-5*/3-11*/0-5*

E na derradeira xornada levada a cabo a pasada fin de semana en Porriño o noso equipo, voltaba a gañar co seguinte resultado:

Porriño-Tui 9- 25

 Como podemos ver a continuación este sería o resultado xornada a xornada dos nosos xogadores, o que fai posible que se atopen nos primeiros postos da táboa clasificatoria:

Resultados Balonman Tui Alevín 2014/2015
Tui /Porriño *5-1/*5-1/*3-2/*3-4
Meaño/Tui *0-11/*0-7/*0-10/*0-6
Tui/ Carballino 7-1/*4-1/4-3/*6-0
Lalin/Tui 4-5*/2-6*/2-4*/3-7*
Tui/Lavadores 2*-1/4*-4/3*-2/1*-4
Ribadavia/Tui 1-8/1*-7/4-2/1*-7
Tui-Teucro 3-0/7*-5/6*-0/4*-2
Novas-Tui 4*-6/3*-8/4*-5/3*-6
Tui-Luceros 4*-3/3*-6/1*-8/3*-5/

Sar-Tui 3-3*/0-5*/3-11*/0-5*

Porriño-Tui 9- 25 

Ademáis, en algunhas xornadas estes grandes xogadores tamén xogan no equipo Infantil Masculino, no que tamén xogan os antigos alumnos do colexio Saúl e Adrían.

 

 

Noraboa a Xabi, Diego, Iago e a todo o equipo alevín do Clube Balonmán Tui

Torneo de Nadal de Balonmán

Torneo de Nadal de Balonmán

 Clube Balonmán Tui.

O pasado Martes día 15 e Mércores 16 de Dec, tivo lugar no Pavillón Novo de Tui, o Torneo de Nadal que cada ano organiza o Club Balonmán Tui, en colaboración co Concello de Tui, a Federación Galega de Balonmán e a Diputación Provincial de Pontevedra.

O Martes deronse cita todos os equipos Alevíns e Infantís, dos colexios dos Concellos de Tui, Salceda, Tomiño e Gondomar. O equipo Alevín do Ceip Plurilingüe e Abalar Nº2 de Tui, proclamaríase campeón da xornada.

O Mércores o turno foi para os máis pequenos, para os equipos Benxamíns e Prebenxamíns, onde todos os participantes disfrutaron dunha tarde divertida de Balonmán, e recollerían a súa medalla ao rematar a xornada.

 

Aquí vos deixamos algunhas fotos de este torneo.

AUTONOMÍA E RESPONSABILIDADE

CUATRO PÁJAROS Y UN PATO SOBRE EL CABLE DE LA LUZ

    Conto de Clara Redondo, editado pola CEAPA co obxectivo de aportar un instrumento ás nais e pais para promover a autonomía e a responsabilidade dos seus fillos e fillas de entre 6 e 12 anos.

    

Competición Escolar de Bádminton

Competición Escolar de Bádminton

Nas vindeiras semanas dará comezo a competición escolar de Bádminton. Dita competición levarase a cabo no Pav. do Ceip de Randufe en Horario de 17:00h a 19:30h.

Para a Categoría Alevín: 5º e 6º, as Xornadas Clasificatorias serán: o Martes 20 de Xaneiro e o Martes 3 de Febreiro.

Para a Categoría Benxamín: 3º e 4º, as Xornadas Clasificatorias serán: o Martes 27 de Xaneiro e o Martes 10 de Febreiro.

Os nenos/as que se clasifiquen nesta Fase Municipal, xogarán a fase Zonal o Mércores 25 de Febreiro, no Pav. Municipal de Tomiño.

 Se queres descargar a folla de insripción pincha aquí:

Inscripción  Alevín.

Inscripción Benxamín e Infantil .

 

 

NADAL

 

No Nadal cantamos a panxoliña " Os pitiños buscaban unha estrela" co profe Ramiro. Fixemos unha cuchipanda e visitounos Papá Noel. 

Logo quedamos nas clases cantando e bailando cancións que nos tocaban o profe Ramiro e a profe Patri. 



by Dr. Radut