Torneo de Nadal de Balonmán

Torneo de Nadal de Balonmán

 Clube Balonmán Tui.

O pasado Martes día 15 e Mércores 16 de Dec, tivo lugar no Pavillón Novo de Tui, o Torneo de Nadal que cada ano organiza o Club Balonmán Tui, en colaboración co Concello de Tui, a Federación Galega de Balonmán e a Diputación Provincial de Pontevedra.

O Martes deronse cita todos os equipos Alevíns e Infantís, dos colexios dos Concellos de Tui, Salceda, Tomiño e Gondomar. O equipo Alevín do Ceip Plurilingüe e Abalar Nº2 de Tui, proclamaríase campeón da xornada.

O Mércores o turno foi para os máis pequenos, para os equipos Benxamíns e Prebenxamíns, onde todos os participantes disfrutaron dunha tarde divertida de Balonmán, e recollerían a súa medalla ao rematar a xornada.

 

Aquí vos deixamos algunhas fotos de este torneo.