Skip to Content

Monthly archive

CASTELO DE SOBROSO

 

 

 

Estivemos no castelo de Sobroso. Cando chegamos fixemos unhas pequenas obras de teatro representando a época na que Dona Urraca se escondeu no castelo.

Logo visitamos algunhas das súas estancias, nunha delas contáronnos a historia do morcego Oracio. Oracio é un morcego que vive nun pozo do castelo, algúns poidémolo ver.

Despois, fixemos un pequeno descanso para merendar. Continuamos cunha ruta de senderismo polos arredores do castelo recollendo froitos e follas do outono.

Tamén coñecemos o nome de moitas das árbores que alí se atopan. Na nosa ruta atopámonos cunha sobreira, unha árbore moi máxica, abrazámonos a ela para que nos dese moita enerxía para continuar coa nosa andaina. Contáronnos que o castelo chámase Sobroso porque hai moito moitos anos había moitas sobreiras.

Continuamos finalmente a baixada ata o autobús que nos levou de volta ao cole.

O cine

CARTELERA MULTICINES NÚMERO 2
Como sabedes estamos inmersos nun proxecto de centro sobre o cinema.
Na escola apareceron pegadas de animais, sorpresas e carteis con personaxes, despois de moito investigar…descubrimos que todo estaba relacionado con películas de cinema así que clase disfrutou do estreno mundial da súa película nun cine con acomodador, entradas, butacas e por suposto PALOMITAS!!!

 

  • Os nenos e nenas de 3 anos A disfrutaron da película "RATATOUILLE"
  • Os nenos e nenas de 3 anos B disfrutaron da película "BLACKIE Y KANUTO"
  • Os nenose nenas de 4 anos disfrutaron da película de "SHREK"
  • Os nenos e nenas de 5 Anos A disfrutaron a película "EL BOSQUE ANIMADO".
  • Os nenos e nenas de 5 Anos B disfrutaron da película "EL RATONCITO PÉREZ".

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

 

LIBRO DE LECTURA

Na fin de semana levan un libriño de lectura para disfrutar en familia. Non é preciso entregalo o luns, pero si, ao longo da semana para que non se acumule co seguinte.

 

 

HORARIOS 2017-18

2ºA

 

 2ºB

 

 

 

CUMPLES

 

Poden traer algunha chuche ou agasallo no día

do seu cumpreanos para repartir cos compañeiros.

 

 

 



by Dr. Radut