Skip to Content

Monthly archive

SEMANA DA PRENSA

PRENSA!!! PRENSA!!!

NA SEMANA DA PRENSA, O EQUIPO DE BIBLIOTECA ,CON LÚA E MARTA (A QUIOSQUEIRA) Á CABEZA ,CONVIDÁRONNOS A PASAR POLO SEU QUIOSCO. DESCUBRIMOS OS DIFERENTES TIPOS DE XORNAIS, INTERCAMBIAMOS TODO TIPO DE PRENSA QUE TROUXEMOS DA CASA POLA REVISTA ALUCINE ,CON TRABALLOS DOS NENOS E NENAS DO COLE  RELACIONADA CO CINEMA E ATA TIVEMOS AGASALLOS, PEGATINAS, MARCAPÁXINAS…
QUE DIVERTIDO!

 

   

DEPORTE ESCOLAR. 2ª Xornada de Balonmán 14-15

DEPORTE ESCOLAR.

Balonmán 14-15

 O vindeiro,  Martes día 21 de Marzo de 2015, terá lugar  a  2ª Xornada da Competición Escolar de Balonmán, no Pavillón Municipal Novo de Tui. O horario dos partidos será de 16:00h-19:00h.Todos os nenos/as terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se ha tiveran e chandal do mesmo. Se tiverades calquera dúbida podedes chamar ao Tlfno:650602161

Podedes descargar a nota informativa aquí.

COMPETICIÓN ESCOLAR. Tenis de Mesa 14-15

Tenis de Mesa 14-15.

Pav. Ceip Sobrada Tomiño.

22, 29 de Abril e 13 de Maio de 2015

             Os Vindeiros mércores días 22, 29 de Abril, e 13 de Maio vai ter lugar a competición  escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:30h, da presente Campaña Deportiva no Pav. Do Ceip de Sobrada. Ditas xornadas están destinadas os/as nenos/as de 3º,4º, 5º a 6º que queiran participar. A data límite de inscripción remata o vindeiro, Luns día 21 de Abril de 2015.

Descarga aquí a Folla de Inscripción.

Descarga aquí a Folla cos Horarios.

EXCURSIÓN A INDIANA BILL

A XOGAR!!!
OS NENOS E NENAS ESTABAN DESEXANDO QUE CHEGASE A SAÍDA Á INDIANA BILL. UNHA SAÍDA LÚDICA NA QUE APROVEITAMOS PARA ACHEGARNOS MÁIS AFECTIVAMENTE A CADA NENO E NENA, DISFRUTAMOS DE MOMENTOS DE XOGO, ALEGRÍA REBOSANTE CON ESOS SORRISOS E CLARO … INSISTEN TANTO QUE AS PROFES TAMÉN SE TIRAN CON ELES POLOS TOBOGÁNS, POLO TANTO SON MOITOS OS ASPECTOS POSITIVOS: MOTRICIDADE, AFECTIVIDADE, CONVIVENCIA, EMOCIÓNS…E MOITA DIVERSIÓN!!.

     

FELIZ DÍA DO LIBRO!!

HOXE, DÍA 23 DE ABRIL CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO E DENDE INFANTIL AS PROFES REPRESENTARON O CONTO " A CEBRA CAMILA" PARA TODOS OS PEQUES.

FOI MOI DIVERTIDO!

II Transgalaica Tui 2015

II Transgalaica Tui 2015

  A II Transgalaica Tui 2015,  é unha prueba de BTT competitiva, que se celebrará o domingo 26, a partires das 10.00 horas, dende o pabillón da Comunidad de Montes de Areas.

Aquí vos deixamos o cartel para que disfrutedes de esta proba.

III CARREIRA 10K SALCEDA

A III Carreira 10 KM, organizada polo Concello de Salceda de Caselas, celebrarase o domingo día 3 de Maio de 2015.

As CATEGORÍAS MENORES (ANO 2000 E POSTERIORES) entregarán  1KG DE COMIDA NON PERECEDOIRA, NA ENTREGA NA RECOLLIDA DO DORSAL.

As probas darán comezo ás 12:00 horas, con saída e meta na Praza do Concello.

Establécense as mesmas categorías para homes e mulleres, son as seguintes:
Categoría A: Nados en 2000, 2001 e 2002 (2.500 metros)
Categoría B: Nados en 2003, 2004 e 2005 (1.000 metros)
Categoría C: Nados en 2006, 2007 e 2008 (500 metros)
Pitufos: Nados en 2009,2010,2011,2012,2013 (150 metros)

Estableceranse clasificacións individuais.
- Clasificación individual:
Trofeo aos primeiros atletas de cada categoría, tanto masculina como feminina, diplomas aos segundos e terceiros por categoría e sexo.
- Camisetas para todos os participantes que crucen a liña de meta e que entreguen o chip alugado, ata esgotar existencias, as tallas das mesmas serán aproximadas podendo sufrir pequenas variacións.

Aquí deixámosvos a folla de inscripción.

Tamén vos deixamos o horario da proba.

 



by Dr. Radut