CASTELO DE SOBROSO
Estivemos no castelo de Sobroso. Cando chegamos fixemos unhas pequenas obras de teatro representando a época na que Dona Urraca se escondeu no castelo.
Logo visitamos algunhas das súas estancias, nunha delas contáronnos a historia do morcego Oracio. Oracio é un morcego que vive nun pozo do castelo, algúns poidémolo ver.
Despois, fixemos un pequeno descanso para merendar. Continuamos cunha ruta de senderismo polos arredores do castelo recollendo froitos e follas do outono.
Tamén coñecemos o nome de moitas das árbores que alí se atopan. Na nosa ruta atopámonos cunha sobreira, unha árbore moi máxica, abrazámonos a ela para que nos dese moita enerxía para continuar coa nosa andaina. Contáronnos que o castelo chámase Sobroso porque hai moito moitos anos había moitas sobreiras.
Continuamos finalmente a baixada ata o autobús que nos levou de volta ao cole.