Iván Alonso Participa no 50 Aniversario do Río Negro en Arxentina do 10-17 de Xaneiro.
A proba de Kaiak do Río Negro, Arxentina, contará este ano coa presenza do antigo alumno do Ceip Nº2 de Tui, Iván Alonso. Esta proba considerada o París-Dakar do piragüismo, consta de 6 etapas de 45-50km cada unha. Desenrólase do seguinte xeito:
Compítese 2 días,
Descánsase un día,
Compítese 2 días,
Descánsase un día,
E faise a última proba a contrarreloxo.
Iván é a primeira vez que participa nunha proba de este tipo, e canda el viaxa tamén o veterán e Mestre da Guarda Alberto Díaz que se proclamou campión na súa categoría a edición pasada de esta proba.
Todo un reto para Iván. Dende o centro desexámosche moita Sorte Campeón.
Aquí vos deixamos o enlace a Escoita Deporte, onde podemos escoitar as súas verbas antes de marchar rumbo a Arxentina.
Escoita Deporte.
http://www.goear.com/listen/df16d83/programa-27-ivan-alonso-escoita-deporte-rmt
Na primeira etapa Iván consigue entrar segundo na clasificación xeral. Aquí podedes seguir a proba cos resultados diarios e ver a súas fotos:
E tamén fotos e Videos de toda a competición
http://www.rionegro.com.ar/diario/regata-del-rio-negro-la-defensa-del-titulo-esta-en-marcha-5652538-9522-nota.aspx
Na Segunda etapa Iván consegue entrar primeiro de etapa, pero continúa segundo na xeral. Desexámoslle sorte na seguinte xornada
https://www.youtube.com/watch?v=oZ8O32EQBqA#t=223
Na terceira xornada Iván disputou a contrarreloxo de 50 kilómetros, que resultou dura e exixente para todos. Iván Alonso invirtiu casi tres horas en poder realizala. Pero logrou parte do seu obxetivo ao conseguir reducir a sua desventaxa con Pascual Orellana. Entre o palista do Kayak Tudense e o seu adversario sólo son 32 segundos de diferencia. Polo tanto, o duelo entre ambos será intenso nos dous días de competición que restan por disputarse.
Restan por disputarse duas probas. Despois de unha xornada de descanso, os palistas afrontarán o percorrido entre Sauce Blanco e Oyuela, de 64 kilómetros. É a máis larga das seis e polo tanto pódese considerar como a decisiva. Os palistas terán que remar aproximadamente cuatro horas.
Para o último día queda a etapa entre San Javier e Viedma. Son 24 kilómetros, unha distancia inferior a unha prueba de maratón, e polo tanto espérase que sea moi rápida.
Rematada a proba de competición, Iván non foi quen de acadar o seu soño, gañar esta regata. Ao final da mesma foi segundo a 9 segundo do Campión Pacual Horacio Orellana. Noraboa boa a todos os participantes de tan dura proba.
Aquí podedes escoitar a entrevista que Justi Peixoto lle fixo en Escoita Deporte:
23 de enero a la(s) 21:40 ·
Programa 31.- Iván Alonso e Alberto Díaz, do Kayak Tudense que veñen de participar da Regata Internacional do Río Negro en Arxentina.
Escoitar Entrevista: http://ow.ly/HQzwS