Marzo 2021 |
Mindfulness.
O Sentido do Tacto. Durante a semana do 22 ao 26 de marzo de 2021, a atención plena tivo como obxectivo pararse na conciencia do que se toca, de xeito presente é consciente, para vivir unha experiencia única. O alumnado tivo que desprazarse a percibindo o espazo e entorno a través do tacto e o movemento dos compañeiros, anulando outros sentidos importantes para a percepción. Aquí vos deixamos algúns do bos momentos, practicando Mindfulness, con atención plena no sentido do tacto.
Sense of touch In order to contiunue with pur Erasmus project, this time, our children must be concious of what they touch. They participated in an activity in which they must orient themselves and move around the courtyard. |
|||
Biblioboletín 2º Trimestre curso 20/21. Aquí deixámosvos o biblioboletín onde damos conta trimestralmente, ás familias e Comunidade Educativa, das novas do centro e do proxecto Erasmus+.
|
|||
Nesta semana os nenos das aulas de 4 anos comezaron un proxecto relacionado coa horta. Traballaron nas aulas.....
Plantaron amorodos no seu bancal....
.....e contrataron un vixiante para que os paxariños non fagan das súas. Presentámosvos a...Floro!! O espantallo da horta de Lúa. E para axudalo na súa misión, os nenos de 4 anos elaboraron uns "muiñiños de vento".
Agora xa podemos estar tranquilos....non haberá paxaro que se atreva a vir á nosa horta!! Dende o equipo de Voz Natura agradecemos o traballo de todos e animámosvos a que sigades utilizando a horta para que os nosos nenos sigan aprendendo moitas cousas relacionadas coa natureza.
Welcome Floro! Pre Primary children started they project in Lua's garden. They plant delicious strawberries. But they are not alone, they count with the help of Floro, the great scarecrow that they create. Now we can be calm because any kind of bird will dare to visit and eat our plants. |
|||
E continuamos con novidades na horta de Lúa!!! Coa chegada do bo tempo os diferentes niveis xa se van animando a traballar na horta. Os nenos e nenas de segundo B son os primeiros en facelo. A través do seu "Taller de Herboloxía coa señora Sprout" comezaron por traballar na aula moitas cousas interesantes. Na súa aula teñen un montón de cousiñas relacionadas coa natureza para aprender, baixo a atenta mirada de Pegasiño,...a quen teñen que observar, estudar, coidar e mesmo trasplantar!!
E na nosa hortiña, no seu bancal, sementaron cenoria, perexil, espinaca e acelga, aproveitando para seguir aprendendo alí dun xeito máis divertido e experiencial.
Estamos desexando ver cómo evoluciona este marabilloso taller!!
Ms Sprout Herbology class 2ºB children wanted to be the first ones in participate in Lua’s garden so they started with Ms Sprout Herbology Workshop. They learnt lots of things related with the nature thanks to the help of their Science pet “Pegasiño”. They have to take care of it, study it, even transplant it!! After that, they went to Lua’s garden to plan some spinach, carrots, parsley and chard! |
|||
Chega a primaveira e no noso cole xa se nota!! Na nosa periódica visita á horta xa podemos ver as framboesas teñen pasado o inverno ben e están a medrar como agardamos. Queredes ver cómo van? Pois así están case todas as plantas de framboesas.....bonitas, non si? |
|||
Alimentación Saudable. Merendas Saudables na escola. Continuamos co Proxecto Erasmus+ fomentando hábitos de vida saudable. Despois da semana da froita é o turno do noso alumnado, que cada día incorpora froita e alimentación saudable as súas merendas diarias. Mostra do anterior son as fotos que engadimos, onde aparecen bocatas, bizcoito caseiro, magdalenas artesanas e moita froita. Implantando así un bo hábito alimenticio para ter unha boa saúde.
Healthy snacks at school After the “fruit week”, it was our pupils the ones who must bring some fruit in their snacks. Besides, they love eating, so they also brought some delicious snacks such as homemade sponge cake or sandwiches. |
|||
Mindfulness. O Sentido do gusto. Durante a semana do 15 ao 18 de marzo de 2021, a atención plena tivo como obxectivo pararse na conciencia do que se saborea, de xeito presente é consciente, para vivir unha expericiencia única degustando algo delicioso. Dende unha posición cómoda e tranquila o alumnado tivo que respirar e vivir este sabroso momento. Aquí vos deixamos algúns do bos momentos, practicando Mindfulness, coa atención plena no sentido do gusto.
Preme sobre as imaxes para ver o vídeo.
Taste (Mindfulness) From 15th to 18th of March, we focus on concentrate ourselves in those things that we eat. So our snacks and recess were a perfect moment to seat confortable, relax and enjoy eating some of the delicious things that we brought. |
|||
Mindfulness. O Sentido da vista. Durante a semana do 8 ao 12 de marzo de 2021 a atención plena tivo como obxectivo pararse na conciencia do que se ve, mirando soamente o que se atopa nese intre. Dende unha posición cómoda e tranquila o alumnado tivo que respirar,ver imaxes e identificalas. Aquí vos deixamos boa mostra destas actividades.
Sense of sight This week, children made an activity were they had to focus in the present moment. So they had to seat in a conformatable way and just focus in those things that were around them. |
|||
Non podiamos deixar pasar a oportunidade de mencionar no noso blogue de Voz Natura unha actividade que se realizou con motivo do Día da Muller, dentro das propostas de actividades do equipo da Biblioteca do noso cole. O 8 de Marzo o alumnado de infantil desfrutou dunha instalación na que a reciclaxe e as sementes foron elementos centrais da mesma. Cada neno puxo nun vasiño reciclado terra e sementes de flores. Os vasiños levaban escritas palabras e frases relacionadas coa igualdade da muller. E agardando que as palabras sementadas florezan e favorezan a igualdade entre homes e mulleres, cada neno levou un vasiño para coidalo na casa. Unha actividade marabillosa na que conflúen varios dos proxectos do centro. Noraboa as mestras implicadas e aos nosos nenos....que sigan aprendendo e medrando.... sementando na súas vidas palabras de igualdade.
|
|||
Día Internacional da Muller. Mulleres Líderes no Deporte Tudense. 8-Marzo-2021. O día 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller. Este ano baixo o lema: Mulleres líderes: Por un futuro igualitario no mundo Covid-19”. Dende o equipo de Deporte no 2 do C.E.I.P Nº 2 de Tui, queremos poñer en valor o esforzo, sacrificio e poder de superación que fan todas as mulleres, especialmente todas as mulleres tudenses. Para nós as líderes excepcionais no día de hoxe son todas as que dun xeito ou outro practican deporte, especialmente as Mulleres Deportistas Tudenses. Aquí vos facemos unha pequena achega para que gocedes dunha data tan especial, co exemplo dalgunhas das moitas Mulleres Líderes no Deporte Tudense. Aquí podedes ver o vídeo.
Aquí podedes descargar o vídeo.
Moitísimas grazas a todas as deportistas, persoas e entidades que fixeron posible esta bonita experiencia para o alumnado do Ceip Nº2 de Tui. Os nosos parabéns para todas as deportistas e "Líderes no deporte tudense a todos os niveis".
Aquí podedes ver o moito que agradecemos este vídeo das nosas grandes deportistas. Grazas a todas elas, este curso, tivemos un día da muller ilusionante, saudable e deportivo.
8th of March
In order to celebrate "International women day" some women leades sent us a piece of video. In this video, some professional sportswomen from Tui explain the hard work and dificulties to achieve their goals at sport.
|
|||
Mindfulness O Sentido do Oído. Escoita Activa.
Durante a semana do 1 ao 5 de marzo de 2021, a atención plena tivo como obxectivo pararse na conciencia do que se escoita, escoitando soamente o que se atopa nese intre. Dende unha posición cómoda e tranquila tivemos que respirar, escoitar sons e identificalos. O venres día 5 de marzo, levamos a cabo unha actividade conxunta no centro, de Escoita Activa. Realizouse para todo o alumnado en horario de 12:45h a 13:15h, dentro do desenvolvemento de Mindfulness, que se está a levar a cabo no centro, con motivo do Proxecto Erasmus+.
A actividade consistiu en discriminar auditivamente os sons de música tradicional que escoitaban e reflexalos nunha ficha, ben debuxando, pegando ou escribindo o seu nome. Tivemos sonido de guitarra, gaita, acordeón, pandereta, tambor e triángulo. Unha actividade estupenda, que nos axuda a continuar desenvolvendo a atención plena, a relaxación e a escoita activa dentro do Mindfulness.
Moitas grazas á toda a comunidade educativa por colaborar en iniciativas coma esta.
Hearing (Mindfulness) From 1st to 5th of March, our main objective was the hearing awareness, so children had to focus on the present sound. On Friday 5th, all school community participated in a game where Rami, our music teacher, played different traditional instruments in different parts of the school and we had to draw, write or paste images, depending on the age, of the instruments that we heard. The instruments were the guitar, the bagpipe, the accordion, the tambourine, the drums and the triangle. It was a great activity that helped us to continue our relaxing and learning of the Mindfulness practice. |
|||
Mindfulness. O proxecto Erasmus+ “Promovendo un Estilo de Vida Saudable e Feliz”, estanos a dar a oportunidade, de experimentar estilos saudables de alimentación, actividades físicas, deportivas e hábitos de vida sans. Este curso bríndanos unha nova porta, cara a unha vida plena e feliz coa axuda do “ Mindfulness”.
Dende o mes de febreiro de 2021 tanto como alumn@s, como mestres ou familias podemos experimentar a posibilidade de vivir unha vida plena e feliz coa mellor das experiencias no momento presente. Para isto dende a web de Erasmus+ podemos acceder a experiencias Mindfulness para o alumnado e experiencias Mindfulness para mestres e familia. Cada semana e durante o mes, o profesorado e alumnado busca un momento na xornada lectiva, para durante 10 minutos diarios practicar a relaxación, a respiración e a atención plena, que posteriormente rexistrará no boletín mensual de mindfulness de aula. Lúa a mascota do noso centro (un grilo lector que se atopa de viaxe dando a volta ao mundo grazas ás millas que o noso alumnado fai cada día), tamén colaborou na posta en marcha da actividade de Mindfulnes, envioulle a todas as clases unha postal con información detallada de como facelo, para ter unha vida plena e feliz.
Con toda esta información o alumnado empezou a practicar e a experimentar o Mindfulness.
Mindfulness
To continue with our Erasmus Project, this year our children will learn how to relax and have a happy and healthy lifestyle thanks to the Mindfulness.
From February, students and teachers will practice this amazing experience where they learned how to live the present. The activities will appear at the school webpage so students and families will be able to watch it at home.
At school, children spend 10 minutes to practice this healthy activity and then, in the copy below, they register those days where they do the activity together in the classroom.
|
|||||