Decembro 2020

Biblioboletín 1º Trimestre curso 20/21.

Biblioboletín 1º Trimestre curso 20/21.

Aquí vos deixamos o biblioboletín onde damos conta trimestralmente as familias e Comunidade Educativa das novas do centro e do proxecto Erasmus+.

BO NADAL!!

A nosa horta vestiu as súas mellores galas de Nadal para que, xunto co traballo doutros equipos do centro, os nosos nenos sintan que a pesar das circunstancias....debemos conservar (con sentidiño) a ilusión, a esperanza e o optimismo propios desta época. Os nosos nenos merecen isto e máis!Sorriso

Dende o equipo de Voz Natura...Bo nadal!!

 

Vémonos no 2021!!

 Merry Christmas

Our garden wanted to celebrate Christmas as well so the put their best clothes.

Merry Chistmas from "Voz Natura" team.

See you on 2021!!

Alimentación Sa e Saudable Eramus+ Sorbete de Mandarina.

Alimentación Sa e Saudable Eramus+

Sorbete de Mandarina.

O alumnado do CEIP Nº2 de Tui, traballamos para poder compartir con vós delicias de: Almorzo, Comida, Cea, Merenda. Cociñamos as nosas receitas en familia e preparámolas con ilusión para compartir con vós, os nosos compañeiros virtuais do colexio e Erasmus+.

Noemi de 4ºB preparounos Sorbete de Mandarina. Aquí vos deixamos a súa receita e boa mostra do rico que está. Exquisito Noemi.

 

Sara de 4ºB preparounos “Un Sandwich vexetal”. Aquí vos deixamos a súa receita e os seus bos consellos. Riquísimo Sara.

Nayara de 4ºB déixanos a súa proposta de menú saudable que vos deixamos a continuación.

 COMIDA SALUDABLE

DESAYUNO:  Zume de laranxa con plátano,  noces  e un vaso de leite .

ALMORZO: Ensalada con cenoria, ovo, atún, millo, aguacate y espárragos.

MERENDA: Iogur e unha mazá.

CEA: Tortilla francesa.

 

Hábitos de vida saudable e deporte en familia. Rutas con encanto: Os Muíños do Tripes en Tui.

Hábitos de vida saudable e deporte en familia.

Rutas con encanto: Os Muíños do Tripes en Tui. 

O pasado sábado 21 de novembro, aproveitando que o noso entorno está ideal para pasar momentos entrañables, Yago Pazo de 5ºA visitou coa súa familia os Muíños do Tripes en Tui. Un lugar con moito encanto para relaxarse e pasar grandes momentos no medio natural. Anímannos a visítalo coa nosa familia.

 

 

Moitas grazas a Yago e a súa familia.

A Milla de Lúa

A Volta ao Mundo de Lúa

Dende o mes de novembro cada clase estamos a percorrer a milla un día a semana. Este ano coas medidas Covid-19 non podemos facelo a diario coma ata o de agora. Pero imos tentar rematar con Lúa a volta ao mundo en Millas.

 

 Lua's world tour

This year we cannot help Lua as much as we can because of the covid but anyhow, we always help Lua to walk a little bit more.