Outubro 2020 |
Hábitos de vida saudable e deporte en familia. Rutas con encanto: Os Muíños do Río Furnia Pexegueiro Tui. O pasado domingo 22 de outubro, Sara Penedo de 3ºB visitou coa súa familia os Muíños do Río Furnia na parroquia de Pexegueiro en Tui. Un lugar con moi bonito e que moitos descoñecemos. O Río Furnia xa nos ten deixado imaxes do seu paso pola parroquia de Malvas, pero agora Sara invítanos a descubrir este tramo en Pexeguero. Anímannos a visítalo coa nosa familia.
Moitas grazas a Yago e a súa familia. |
|||
Hábitos de vida saudable e deporte en familia. Rutas con encanto: Aguiño en Ribeira ( A Coruña). O pasado luns 12 de outubro, Iria de 5ºA visitou coa súa familia Aguiño unha parroquia do Concello de Ribeira na provincia de Coruña. Aguiño é un pobo mariñeiro con múltiples encantos, á amabilidade das súas xentes, as estupendas vistas ao mar, a beleza do seu entorno... Iría enviounos unhas imaxes fantásticas que nos deixan con gañas de visitalo en canto o peche abandone Tui.
Moitas grazas a Iria e a súa familia. |
|||
Alimentación Sa e Saudable. Eramus+ Pastel de Cenoria. Estes días de merendas saudables imos convidarvos a probar o Pastel de Cenoria que preparou Helena de 2ºC coa súa familia. Cociñouna con ilusión para compartir con vós, os nosos compañeiros virtuais do colexio e Erasmus+.
Moitas grazas Helena. Ten unha pinta exquisita. |
|||