SEMENTANDO EN IGUALDADE

Non podiamos deixar pasar a oportunidade de mencionar no noso blogue de Voz Natura unha actividade que se realizou con motivo do Día da Muller, dentro das propostas de actividades do equipo da Biblioteca do noso cole.

O 8 de Marzo o alumnado de infantil desfrutou dunha instalación na que a reciclaxe e as sementes foron elementos centrais da mesma. Cada neno puxo nun vasiño reciclado terra e sementes de flores. Os vasiños levaban escritas palabras e frases relacionadas coa igualdade da muller. E agardando que as palabras sementadas florezan e favorezan a igualdade entre homes e mulleres, cada neno levou un vasiño para coidalo na casa.

  

Unha actividade marabillosa na que conflúen varios dos proxectos do centro. Noraboa as mestras implicadas e aos nosos nenos....que sigan aprendendo e medrando.... sementando na súas vidas palabras de igualdade.