FESTIVAL DE PANXOLIÑAS

O pasado xoves 17 de decembro de 2015 celebrouse un festival de panxoliñas no Auditorio Municipal Reveriano Soutullo de Ponteareas, no que actuaron todos os alumnos e alumnas do CEIP Nosa Señora dos Remedios, baixo a dirección e coordinación da mestra de Música do colexio Lucía Groba.

Puxeron remate así a unha actividade para que tiveron que prepararse durante este primeiro trimestre.