O pasado día 4 de febreiro , o profesorado recibiu no centro , formación en RADIO por parte de REDE ESPORA .
Como sabedes, este ano fomos seleccionados para participar no programa da Asesoría de Bibliotecas Escolares: RADIO NA BIBLIO.
O primeiro, é que o profesorado reciba a formación necesaria para poder traballar a temática co alumnado.
Nesta primeira xornada Luis Losada, dividiu as 3 horas de formación en dúas quendas:
- Nunha primeira parte teórica, centrada na importancia da Radio Escolar : consellos e pequenas cousas e recursos para a nosa práctica diaria, exemplos, decálogos, información, formación, e resolución de dúbidas ( que se desenvolveu na Biblioteca do centro)
- A segunda parte da sesión foi máis práctica, onde puxemos a "mesa de misturas " a andar, utilizamos os micros, fixemos pequenos experimentos para entender e levar á práctica o aprendido. ( que se desenvolveu no noso Espazo Maker , como prolongación da nosa biblioteca)
Acó vos quedan unhas poucas fotos do momento da formación que recibimos por parte de Luís:
Queda pendente agora, a segunda parte da formación que irá dirixida ó alumnado, que van ser os grandes protagonistas nesta aventura da radio:
Guionizar os programas , preparalos, editalos para que sexan autónomos e os que dirixan e controlen a mesa , as produccións e creacións... seguiremos informando!!!