Skip to Content

                              

biblioteca

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

O 30 de xaneiro conmemórase o "día da PAZ e non violencia".
 
Dende o equipo de biblioteca propuxéronse 2 actividades:
 
-Por unha banda a elaboración dun mural cooperativo, dunha pomba na que cada aula tiña asignada a decoración dunha parte.
 
 
O alumnado máis pequeno encárgase de decorar a pomba e o alumnado a partir de 2º fixo unha  "mandala" para decorar o fondo. 
 
Pensamos que é importante estar "en paz con un mesmo/a" para poder estar en paz cos demais. 
 
E as mandalas parécennos un xeito moi bo de achegarnos á tranquilidade e á paz.  Rematarémolo ao longo desta semana!!! 
 
 
 
 
 
 
A segunda proposta foi, escoller un libro/conto para traballar a PAZ.
 
Cada unha das aulas escolleu un conto ou libro para traballar sobre el esta semana, con diversas actividades, enfatizando na importancia de:  respectar aos demais, dialogar, ter empatía e de evitar calquera tipo de violencia ou confrontamento. 
 
Aquí tedes as escollas dalgunhas das aulas:
 
 


 E aquí está o noso mural cooperativo, rematado e no se lugar!!!!
 
 
 
 
 

GAÑADORES DO CONCURSO DE POSTAIS.

Dende o equipo de biblioteca do centro queremos agradecer a masiva participación no concurso de POSTAIS DE NADAL.

 

O xurado tivo complicada a decisión, pero ao final, aquí tedes aos gañadores e gañadoras do concurso.

Sara, da clase de 4 anos, André e Elena da clase de 2º de primaria, Sofía da clase de 4º de primaria e Miguel da clase de 6º de primaria:

MOITÍSIMOS PARABÉNS AOS GAÑADORES  !!!!!!!

 

 

 

Igualmente queremos agradecer a todas as familias que participaron porque as súas postais foron enviadas a outras escolas , ao Concello, ao centro de saúde, e a centros de maiores, para que a vosa creatividade non quedase so no centro. 

 

 

TERCEIRO "CONTACONTOS" POR PARTE DAS FAMILIAS.

Chegou o terceiro "contacontos" por parte das familias!!!!!!.

 

Esta vez , ante a cámara,  aparece Iria , ( da clase de 2º) contándonos un clásico entre os contos infantís:

  " A que sabe a lúa?" (premede no título para ir á ficha técnica do libro) publicado pola editorial KALANDRAKA .

 

E a súa nai Sandra acompáñaa nesta historia,  narrando con ela,  pero  detrás da cámara.

 

Moitísimas grazas ás dúas por ser unhas fantásticas "contadoras de contos".

 

OS NOSOS "LAP BOOKS" PARA O MES DA CIENCIA EN GALEGO.

Cada unha das aulas escolleu a un home ou muller, relacionados coa ciencia, STEM, ou inventores/as para traballar na aula e elaborar un LAP BOOK para poder ensinar ao resto do cole. O único "requisito" era que fosen galegos/as, xa que novembro é o mes da ciencia en galego.
 
 Despois de moito investigar (ALFIN) , e traballar, aquí vos quedan unhas poucas fotos dos marabillosos resultados de cada unha das aulas:
 
 
 
Na aula mixta de 3 e 4 anos aprenderon moitas cousas sobre EUGENIA PEREIRA RODRÍGUEZ 
Científica , carballinesa e muller pioneira da farmacia.
 
 
 
 
 
 
 
Na aula de 5 anos investigaron e aprenderon sobre ÁNGELA RUIZ ROBLES  mestra, escritora,
e inventora: inventou o prototipo do libro electrónico!!!! 
 

 

 

 
 
 

Na aula de 1º de primaria investigaron e aprenderon sobre  ÁNGELES ALVARIÑO,

 unha grandísima oceanógrafa: 
 
 
 
 
 
 
 

Na clase de 2º de ED. Primaria investigaron e aprenderon sobre MANUELA  BARREIRO PICO , primeira muller matriculada na Universidade de Santiago de Compostela, e primeira licenciada, ademais de farmacéutica:

 

          
 
 
 

 
Na aula de 3º de ED. Primaria , investigaron e aprenderon sobre REBECA ATENCIA, primatóloga ferrolá, tras os pasos de Jane Goodall
 
 
 
 
 
 
 
Na clase de 4º de ED. Primaria, investigaron e aprenderon sobre ALEJANDRO FINISTERRE
( Alexandre de Fisterra) poeta, e  inventor do futbolín.
 

 

 
 
 
Na aula de 5º de ED. Primaria investigaron e aprenderon sobre ANTONIA FERRÍN MOREIRAS , científica, investigadora, matemática e astrónoma. 
 
                                                                   

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
E por último, na aula de 6º de ED. Primaria investigaron e aprenderon sobre DOMINGO FONTÁN , creador da primeira Carta Xeométrica de Galicia.
 
 
 

 

                                                                

 

 
 
Dende o equipo de biblioteca, non podemos máis que parabenizar a todo o alumnado e profesorado polo seu traballo de investigación e creación, un traballo fantástico!!!!!!!
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

25 NOVEMBRO

Aquí vos quedan algúns recursos que podedes traballar no día de hoxe: 

 

 

Unidade didáctica: Fíos de Violeta (subido na páxina da xunta, en igualdade). Preme na imaxe para acceder a unidade.

 

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL.

Por terceiro ano consecutivo,  dende o equipo de biblioteca convocamos o Concurso de Postais de Nadal.

 

Agradecemos as familias a súa participación e colaboración  e mantemos o mesmo espírito.

GRAZAS POR PARTICIPAR.

 

 

 

20 DE NOVEMBRO.

Co gallo da conmemoración do día de hoxe 20 DE NOVEMBRO.

Ademais do visionado de cancións e pequenos documentais e o traballo de cada unha das aulas.

A nivel de centro, colocamos o tronco dunha árbore ao lado da entrada da nosa biblioteca escolar, para que cada un dos alumnos e alumnas do cole escribise unha palabra ou pequena oración ou frase que para eles simbolizase que é ser un neno ou unha nena, ou algo que lles guste, algún dos seus dereitos...

 

E aquí vos queda a progresión que tivo a nosa árbore nestes días. Moitas grazas a todo o alunmado por axudarnos a encher a nosa árbore de folllas de moitas cores.

 

 

 

20 DE NOVEMBRO: DÍA DOS DEREITOS DO NENO E A NENA.

O 20 de novembro de 1989 conseguiuse a aprobación da Convención dos dereitos do neno na ONU.

É por iso que todos os 20 de novembro se conmemora esta aprobación.

Dende a biblioteca e en colaboración co equipo de Convivencia propuxemos o visionado, dependendo das idades, de curtas ou pequenos documentais para concienciar.

Esta canción tan divertida para os pequenos:

 Ou este outro elaborado por UNICEF para os maiores:

Tamén vos queda aquí o enlace a unhas actividades relacionadas coa temática que elaborou UNICEF , premede AQUÍ.

Un PDF de Pocoyo y los derechos de la infancia e outro PDF dos dereitos do neno en galego.

SEGUNDO "CONTACONTOS" POR PARTE DAS FAMILIAS.

Chegou ao cole a segunda colaboración por parte das familias para o "Contacontos"

 

Desta volta, foi Vanesa, a mamá de Tania ( que contou coa súa colaboración) da clase de 5 anos a que se animou a contarnos un conto . E deunos permiso para poder publicalo na conta de "youtube" da biblioteca.

 

O conto seleccionado foi " A tartaruga que quería durmir"      (premede para ver a ficha do libro)   escrito por  Roberto Aliaga e publicado por OQO editora.

 

Aquí vos queda esta fantástica historia contada magníficamente por Vanesa, coa colaboración de Tania.

 

MOITÍSIMAS GRAZAS ÁS DÚAS!!!!!!!!!

 

 

 

 

E aquí tedes unha foto das dúas protagonistas: Vanesa recibindo un diploma de agradecemento

das mans da súa filla Tania:

 

NOVEMBRO : MES DA CIENCIA EN GALEGO NA B.E

Novembro é o mes da Ciencia en Galego, podedes botar un ollo á información relacionada co tema nesta entrada do blogue da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia premendo na seguinte imaxe

 

 

 

O curso pasado por estas datas, nos "recreos na bibilo" fixemos unha serie de experimentos moi divertidos

 

Este curso non poderemos realizar esa actividade por motivos obvios, desencadeados dos protocolos COVID-19.

Dende o equipo de biblioteca estivemos pensando o xeito de conmemorar o mes da ciencia en galego doutro xeito, e decidimos propoñer a cada unha das aulas a elaboración dun "LAP BOOK" sobre un home ou muller galegos, obviamente, que estean relacionados coa ciencia.

 

Así cada aula ( a acorde ás súas posibilidades, porque obviamente non vai ser o mesmo traballo de investigación para o alumnado de ED. Infantil e os primeiros cursos de primaria, que o de quinto e sexto que son máis autónomos)

 

Así elaboramos un listado, para que cada clase seleccione a súa escolla ( e non repetirnos)

 

 

 

E unha pequenísima infografía para que nos sirva de guía nesta actividade, recalcando a importancia de citar sempre as fontes de información ( e obviamente verificalas)

 

Seguiremos informando!!!!!  

Distribuir contido


by Dr. Radut