o pasado luns 18 de marzo reuniuse o Club de Lectura de Familias e Profesorado para falar da nosa lectura:
"A lavandeira de San Simón" de Eva Mejuto e ilustrado por Bea Gregores.
Esta lectura foi "patrocinada" polo equipo de Biblioteca do CEIP Petelos (Mos) , xa que nos deixaron os exemplares para a lectura, ademais de propoñernos unha actividade conxunta de ambos clubs no mes de xuño. Moitas grazas, especialmente a Ángeles.
Comezamos a reunión, dando a benvida a unha nova integrante do noso club que nos falou sobre as súas lecturas favoritas e sobre si mesma.
Despois as que non puideron asistir á anterior reunión, déronnos a súa opinión sobre "Senlleiras" de Antía Yáñez, que foi a nosa anterior lectura.
E posteriormente pasamos á falar da lectura, motivo desta reunión.
O libro gustounos, e gustounos moito. Pareceunos un xeito moi accesible e sinxelo para falar dunha parte da nosa historia dun xeito moi tenro ( relatando unha dura realidade e o tempo da "postguerra")
Varias persoas comentaron , que en tempos tan duros, a solidariedade, o compartir o pouco que se ten, da moito que pensar.
Tamén reflexionamos sobre a importancia de coñecer o pasado para non cometer os mesmos erros.
En xeral, gustounos tamén moito como acompañaba maxistralmente a ilustración ao texto. E pequenos detalles que se repetían ao longo do libro.
Concluímos que quizais o libro espertaba un sentimento de querer saber máis do acontecido, como un "abrir unha xanela" para seguir investigando. A maioría non estiveron nunca na illa.
Investigamos un pouco nas redes para atopar máis información sobre a illa, a súa historia e finalizamos accedendo á páxina que aparece no propio libro mediante un código QR:
Na reunión tamén decidimos cal ía ser a seguinte lectura ( a idea é que cada quen trouxese unha proposta e decidir entre todas), e seguimos con Eva Mejuto, xa que a lectura escollida foi: "Memoria do Silencio" seguindo na liña de ler sobre o noso pasado...
E para rematar, "unha merendiña" para falar dun xeito máis distendido. E desta volta queremos agradecer ás dúas Vanesas que temos no club, xa que nos deleitaron cunha gorentosa "quiche" de verduras e un riquísimo biscoito caseiro.
Moitas grazas ás dúas!!!!
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |