O 11F conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia .
Hai uns días fixemos unha publicación con RECURSOS para conmemorar esta data, e cada un dos ciclos traballouna dun xeito distinto.
Así no terceiro ciclo fixeron unha tarefa de investigación sobre mulleres científicas e elaboraron uns cartaces informativos ( que adxuntamos nesta publicación en formato PDF para que se perciba mellor a súa calidade)
Ademais están en proceso de gravación en Radio Xuve de pequenas pílulas informativas sobre eleas ( xa que o día 13 é o día Mundial da Radio)
No segundo ciclo decidiron facer tamén unha pequena busca de información, na que tiveron que seleccionar a 3 mulleres científicas e despois de consultar parte da nosa colección da B.E.
Para posteriormente escoller a unha delas e indicar cal é o feito diferencial co que "destacou".
No primeiro ciclo decidiron investigar sobre María Teresa Miras Portugal, xa que naceu no Carballiño e desenvolve a súa carreira como Bioquímica e experta en Bioloxía Molecular.
En ED. Infantil centrámonos en visibilizar a data e visionar algúns vídeos informativos adaptados á idade do alumnado.
ACTUALIZACIÓN A DÍA 19 DE FEBREIRO:
Hoxe tivemos unha actividade conmemorativa polo 11F a cargo da profesora María José Vázquez Figueiredo, da Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense (á que agradecemos que se achegase ao noso centro)
E aquí queda o enlace á publicación na web sobre esta charla divulgativa: ACTIVIDADE CONMEMORATIVA POLO 11F
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Biografía 1.pdf | 271.04 KB |
Biografía 2.pdf | 1.07 MB |
Biografía 3.pdf | 1.61 MB |
Biografía 4.pdf | 4.12 MB |
Frances Arnold.pdf | 505.77 KB |
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |