O pasado venres día 16 de decembro tivemos a sorte de contar con dúas locutoras de Radio Voz dentro dun novo programa que leva a cabo a emisora en colaboración coa Asesoría de Bibliotecas Escolares e os centros participantes no programa "Radio na Biblio"
En primeiro lugar tivemos a sorte de que nos desen unha pequena "charla" sobre a radio e o seu funcionamento a todo o alumnado de ED. Primaria.
Posteriormente o alumnado de 5º e 6º de ED. Primaria cos consellos de Antía e mais a súa compañeira fixeron a gravación dun programa de radio ( que elaboraron, ensaiaron, guionizaron e fixeron a "escaleta" previamente) co seu asesoramento.
Aprendendo algunhas cousiñas novas.
Moitas grazas ás compañeiras de Radio Voz, e aquí vos queda o programa que foi emitido en directo , e estamos a espera de que o "colguen" no seu espazo adicado a "RADIO NA BIBLIO" na súa páxina web.
Algunhas fotos do momento gravación:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |