Un ano máis, grazas á organización do Equipo de Actividades Complementarias en coordinación co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e co noso mestre de Educación Física Rubén, festexamos o Magosto no CEIP Xuvencos.
Foi unha semana moi especial.
Decoramos o cole con murais e cunha exposición de figuriñas feitas con castañas, na que participaron as familias.
O propio día do San Martiño celebramos a festa da castaña. Foi un día inesquecible no que, primeiro, tivemos a nosa tradicional “Carreira do San Martiño”, que xa vimos facendo dende fai uns anos. Un éxito.
A continuación deixamos os enlaces a uns pequenos vídeos de cada unha das carreiras:
CARREIRA DE 4º DE ED. INFANTIL
CARREIRA DE 5º DE ED. INFANTIL.
CARREIRA DE 6º DE ED. INFANTIL.
CARREIRA DE 1º e 2º DE ED. PRIMARIA
CARREIRA DE 3º e 4º DE ED. PRIMARIA.
CARREIRA DE 5º e 6º DE ED. PRIMARIA
Seguidamente, demos paso ás actividades musicais.
Cantamos xuntos as cancións de “O caneco de Xuvencos”, “Sra. María e Sr. Manuel” acompañados por uns e unhas grandes percusionistas e, ata gaiteiro tivemos! Despois tocou bailar a canción de “Vive o magosto”, tan divertida.
Continuamos coa entrega de medallas para os gañadores da carreira. Moi emocionante!
Para finalizar, despois de xogar un pouco no patio, fomos comer e rematamos o día cunha sobremesa de castañas asadas que estaban deliciosas!
(Texto da autoría da Profe Carmela)
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |