Skip to Content

                              

Derradeira reunión do Clube de Lectura de 6º de ED. Primaria.

 

O pasado luns día 20 foi a derradeira reunión do clube de lectura do alumnado de 6º de ED. Primaria.

 

Tivemos que facer a reunión na aula de 6º, xa que a nosa biblioteca estaba en proceso de “empaquetar” todo para comezar as obras...

 

Para esta última reunión tiveron dúas lecturas : “As músicas viaxeiras” de Ramón Caride e “Maxia de Pedra” de Xabier Domínguez Pérez

 

Nesta reunión falamos de cada un dos libros, e despois buscamos as similitudes entre ambos: as dúas protagonistas eran femininas, nas dúas había “elementos máxicos “ e as dúas eran adolescentes.

 

Con respecto ás “Músicas viaxeiras” deunos a debate pola idade da protagonista, e porque quizais cousas que xa criamos superadas... continúan acontecendo, sobre matrimonios concertados e rematamos relacionándoo coa triste noticia do asasinato de dúas rapazas en Pakistán ( residentes en España) por rexeitar os seus matrimonios concertados.

 

Para despedir fixemos un xogo de concentración e por último a agardada “merendola” e despois un pequeno agasallo para cada un dos participantes.

 

 

 



blog | by Dr. Radut