Continuando con esta actividade proposta polo profe Rubén, para o alumnado de sexto de ED. Primaria, aquí quedan os 3 "bookface" deste mes.
Ademais da foto, cada un dos protagonistas elaborou un pequeno texto , sobre o libro en cuestión:
El gran libro de los vampiros (Jesús)
Autor: Denise Despeyroux
Sinopse: É un libro que recolle 13 historias sobre vampiros, cada unha
é diferente e hai desde Drácula a outros máis descoñecidos.
Idade recomendada: 11-12 anos.
A miña opinión: a min gustoume, pero ten moitas mortes provocadas
por vampiros.
CAMUÑAS ( MATÍAS)
Autor: Margarita del Mazo e Charlotte Pardi.
Sinopse: O libro é dun bruxo que pensaba que nunca se cortaban as uñas, este era o bruxo Camuñas e comía nenos, un día foi a comer unha nena pero explicoulle que era o bruxo Piruxo, Camuñas volveu a casa e viuse no espello e si era o bruxo Piruxo e non comía nenos e despois foi a onde a nena e lle fixo a manicura.
Idade recomendada: Para infantil e primeiros cursos de primaria.
A miña opinión: É bastante bo para nenos pequenos, doulle un 9.
Viaxeiros (Xabier)
Autor: Xulio Gutiérrez e Nicolás Fernández.
Sinopse Este libro explícache como emigran e viaxan os animais: a
tartaruga, a andoriña, o cangrexo vermello...
Idade recomendada: 10 anos
A miña opinión: É curioso como medio de consulta para ver como
emigran os diferentes animais.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |