Hoxe achegouse ao noso centro Charo Pita para compartir o seu tempo con nós e facer un "obradoiro de radio" co alumnado de sexto primeiro (na biblioteca escolar) , e despois co alumnado de quinto(no noso espazo maker) .
O curso pasado recibimos unha formación máis técnica por parte de Rede Espora, e este curso é máis práctica , relacionada coa execución, a vocalización, a transmisión de emocións, a entoación....
"Obradoiro de Teatro lido na radio" supuxo un momento de lectura duns textos seleccionados, de expresar emocións a través da voz, de escoitar para ler, de traballar as emocións, de respirar, de sentir e crear....
Foi unha aprendizaxe moi interesante para o noso alumnado, moitas grazas a Charo por vir.
Acó vos quedan unhas poucas fotos do momento co alumnado de quinto de primaria.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |