Este curso, non queríamos prescindir dunha actividade que nos parece importantísima e ademais lles encanta:
OS CONTACONTOS PARA ED. INFANTIL 1º e 2º de Primaria, por parte das familias.
Solicitamos a axúda das familias para manter os contacontos, pero desta volta de xeito TELEMÁTICO.
A primeira que se animou a contarnos un conto, foi Beatriz, a nai de Xermán ( que tamén colaborou nesta narración).
O conto escollido foi "A banda de Raimunda", escrito por Pablo Nogueira, e ilustrado por Manuel Uhía , publicado por Baía Edicións.
Aquí queda este magnífico contacontos, que Beatriz nos permitiu publicar na conta de "youtube" da biblioteca.
Desfrutádeo tanto coma nós!!!!
E moitísimas grazas a Beatriz por compartir a súa arte con nós!!!
BOA LECTURA.
E aquí tedes unha foto dos protagonistas: Xermán entregándolle un diploma de agradecemento á súa nai:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |