Nestas datas celébrase a semana da programación , unha escolma de actividades relacionadas coa programación ( robótica, STEAM, scratch, actividades desconectadas..) compoñen un mapa por toda Europa.
Alumnado de todas as idades e diferentes países conflúe nestas datas ( e posteriores) nun mapa de actividades.
Na clase de 5 anos tamén participamos, con dúas actividades, unha que xa estamos desenvolvendo: "Xogando cos LEDs en ED. Infantil" (se premedes poderedes ver a nosa actividade no mapa)
E outra relacionada coa robótica e os escornabots, que desenvolveremos máis adiante... imos pouco a pouco.
Coa actividade "xogando cos LEDs en ED. Infantil" pretendemos que o alumnado se familiarice con este material, entenda como acender un led cunha pila de botón ( esta parte potencia a súa motricidade fina, e ademais encantoulles) e por outra banda introducimos o concepto positivo ( +) e negativo(-)
Encantoulles poder acender eles sos un led, e alumar...
Para que o a enerxía flúa precisamos que todo estea colocado correctamente, o positivo co positivo e o negativo o negativo.
Despois de iniciarnos , fixemos un pequeno circuito con fío de cobre para que entenderan que é coma a luz da aula, que se acende e se apaga co interruptor, que fai que a electricidade flúa ata o seu destino.
Foi unha actividade totalmente gratificante para eles e elas. Traballamos a atención, a motricidade fina, razoamento lóxico...
Ademais na casa, tamén houbo quen elaborou o seu propio circuito para acender unha bombilla e tróuxoo á clase para ensinarnos e explicarnos como o fixo con axuda de papá!! .
Seguiremos informando!!
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |