Nos últimos días coñecemos a existencia de dous positivos no grupo de pais e nais colaboradores do comedor e de catro positivos no alumnado.
Desde o centro, estase a actuar segundo o protocolo, con adecuación e proporcionalidade así como coa maior coordinación posible coas autoridades sanitarias e educativas.
Como consecuencia, seguindo as instrucións recibidas polas devanditas autoridades, illáronse aqueles membros da comunidade educativa, neste caso, pais e nais colaboradores do comedor e alumnado, por ser contactos estreitos. Todas estas persoas foron, de acordo ó protocolo, informadas e comunicadas adecuadamente.
Pregamos, desde o centro, que continuemos a extremar as medidas de precaución e de seguridade por parte de todos e todas e facemos un chamamento á prudencia e á normalidade para garantir o bo funcionamento do centro educativo.
Ante calquera dúbida, lembramos a conveniencia de solventala directamente co centro, a través do correo electrónico, do teléfono e, de non ser posible, presencialmente, con cita previa.
Moitas grazas.
Un saúdo.
Boborás, a 16 de outubro de 2020
O director
Javier Álvarez
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |