Lembrades a proposta que se fixo este curso no día da poesía para conmemorar o día do libro este curso??
Ao final decidimos presentalo o día das Letras Galegas, entre as actividades programadas para esa data.
Representantes de cada aula saíron a lelo ante todo o centro para ver como se ía desenvolvendo esta historia misteriosa que o alumnado de 1º de ED. Primaria deu en titular " MISTERIO NA BIBLIOTECA". ( premede no enlace para acceder á publicación)
Aquí vos queda o conto colaborativo, por se o queredes desfrutar, como fixemos nós escoitándoo dos seus autores e autoras.
Este ano adicouse o día DAS LETRAS GALEGAS ao escritor, activista e fundador da Editorial Galaxia: Francisco Fernández del Riego.
Coma todos os anos, traballamos ao autor homenaxeado a nivel aula cos distintos materiais que atopamos na rede, especialmente os do SEMINARIO GALÁN, ( elaborados con moito xeito por varios centros educativos da provincia da Coruña), tamén tiramos dos materiais que a propia páxina da RAG pon á nosa disposición.
Como por exemplo este pequeno vídeo sobre o homenaxeado:
Ademais deste traballo por aula, o xoves fixemos unha actividade común no patio do cole, despois da "hora de ler".
En primeiro lugar cantamos entre todos e todas "O himno Galego", mexendo as bandeiras galegas que cada quen elaborou na súa aula.
A seguir, o alumnado do 3º ciclo de ED. Primaria presentounos unha pequena biografía do autor homenaxeado.
E posteriormente fíxose a presentación do libro colaborativo ( e lectura do mesmo) que elaborou o alumnado de ED. Primaria ( e cuns xiros moi inesperados!!!)
Non podíamos deixar pasar este día sen entregar os premios do concurso co gallo desta data:
A calidade das propostas foi excelente, e ao xurado custoulle moito decidirse.
Finalizamos a celebración bailando ...música en galego para todos os gustos!!!
E acó vos quedan unhas poucas fotos do evento ( grazas ao profe Óscar pola reportaxe fotográfica)
Este curso, e grazas a estar dentro do programa "RADIO na Biblio" ( da Asesoría de Bibliotecas Escolares, Plambe) contamos no cole novamente ( xa nos visitou o curso pasado, e o alumnado quedou encantado!!) con Iago Gordillo.
Desta volta os cursos cos que traballou e fixo un obradoiro de Radio foron os de 3º e 5º de ED. Primaria.
Como primeira toma de contacto, explicación de conceptos básicos e resolución de dúbidas, ambas clases tiveron unha videoconferencia con el o xoves 4 de maio. Onde lles deu unha pequena e dinámica explicación, e aportoulles moitas ideas.
Despois asignoulles a cada aula ( adaptado a súa idade) unha tarefa para preparar en cada a unha das aulas.
Para posteriormente este venres día 12 acercarse ao noso cole e darlle forma á súa "tarefa" convertida desta volta nun podcast.
Moitas grazas a Iago polo seu tempo e por compartir a súa sabedoría con nós, ademais de facelo todo dun xeito que semella sinxelo e ademais interesantísimo.
Acó vos quedan unhas poucas fotos das dúas aulas ( preparando o programa, e tamén no momento de facelo)
Este venres estivo no noso centro Antía Yáñez e o alumnado de 5º e 6º tivo a sorte de poder compartir con ela o seu tempo, falando de "Plan de rescate" e ademais de facerlle moitísimas preguntas sobre o libro e mais curiosidades sobre ela.
Este xoves día 4 comezamos coa formación sobre radio con Iago Gordillo ( gustouno tanto o curso pasado que este ano repetimos formador)
Desta volta a formación vai dirixida ao alumnado de 3º de ED. Primaria ( para establecer os primeiros pasos autonomamente na radio) e para o alumnado de 5ºde ED. Primaria (máis autónomo pero coa necesidade de ampliar a súa formación e coñecementos)
Como primeiro paso ambas clases fixeron unha videoconferencia con Iago , para que lles explicase conceptos básicos, testease os seus coñecementos e sobre todo coñecerse.
A próxima semana, o venres día 12, Iago virá ao noso cole para traballar con estas dúas clases e ver como foi a "tarefa" que lles deixou para ese día.
Aquí vos deixamos algunhas fotos do momento da videoconferencia:
Como xa sabedes, grazas a estar no proxecto de "Bibliotecas Creativas" ( dentro do PLAMBE e Plan Lía da Asesoría de Bibliotecas Escolares) tivemos a sorte de que Paola Guimeráns nos visitase 2 veces para facer un obradoiro co alumnado de 5º e 6º, e onte para facer outro co alumnado de 3º e 4º de ED. Primaria.
Na primeira visita, ao alumnado de 5º xurdíronlle moitas preguntas que facerlle a Paola e xa non quedaba tempo ,polo que decidiron preparar unha entrevista ( coa axuda da súa titora Asun) para poder facerlla onte en Radio Xuve.
Aquí tedes unha foto da entrevistada e das entrevistadoras:
E aquí o resultado da entrevista ( grazas á profe Asun e ao profe Javi pola súa colaboración) e obviamente moitísimas grazas a Paola por deixarse entrevistar.
Dende o equipo de biblioteca queremos agradecer a TODAS as familias que colaboraron e nos enviaron unha foto para compartir con nós os seus momentos de lectura, e para conmemorar o día de hoxe.
O pasado 22 de marzo, grazas ás Bibliotecas Creativas ( proxecto da Asesoría de bibliotecas escolares do que formamos parte) estivo no noso cole Paola Guimeráns, unha pioneira STEAM especialmente no relacionado cos e-textiles.
Desta volta para o alumnado de 5º e 6º que puideron disfrutar e crear guiados por Paola o seu propio "brazalete" con Leds ( e-textil) e despois con Scratch programaron un pequeno "xogo" .
Foi unha experiencia interesantísima , na que desfrutaron, aprenderon e traballaron STEAM dun xeito lúdico e moi didáctico.
Foi un auténtico pracer ter a Paola no noso centro ( que voltará para facer sendos obradoiros co alumnado de 3º e 4º de ED. Primaria)
Este trimestre o alumnado da clase de 5 anos estivo investigando moito para aprender cousas sobre o Universo: o noso planeta, o sistema solar, a vía láctea, os satélites ( artificiais e naturais) , as estrelas, as constelacións, viaxes espaciais: o primeiro animal, o primeiro home e a primeira muller que foron ao espazo... e un montón de cousas máis.
Como culminación a ese proxecto, hoxe foron a Radio Xuve a falar do que máis lles gustou de todo o que aprenderon.
A verdade é que o fixeron xenial, aínda que os nervios fixeron acto de presenza.
Queremos darlle as grazas ao profe Javi, que estivo con nós, axudounos e guiounos no proceso. Ademais de facer a montaxe final .
Aquí tedes unha foto de toda a clase , aínda que para facer a gravación fomos en pequenos grupos.