Skip to Content

                              

blogue deadmin

RECOLLIDA DE MATERIAIS E DEVOLUCIÓN DE LIBROS DA BIBLIOTECA

Queridas familias, o equipo de profesorado do centro quere comunicarvos os seguintes aspectos:

  • As familias que estades tramitando a axuda dos libros podedes traer os libros da biblioteca que tendes en préstamo nas casas. Na entrada do cole hai habilitadas unhas caixas para cada curso, onde debedes depositalos libros, xa que teñen que estar en cuarentena durante 15 días.
  • Tamén podedes traer as mochilas viaxeiras as familias que a teñades nas vosas casas.
  • Respecto aos materiais dos alumnos/as, habilitamos unhas datas para que veñades a recoller os seus materiais. Nas seguintes fotos podedes ver as datas. De todos modos, se algunha familia non puidera  vir nesas datas, intentaríamos solucionalo doutro xeito.

 

        AO ALUMNADO DE 5 ANOS XA VOS ESPECIFICARÁ A VOSA TITORA O DÍA QUE PODEDES VIR A RECOLLER O VOSO MATERIAL

 

 

PROPOSTA DE TRABALLO SEMANAL PARA 1º DE E.P. (do 26 de maio ao 5 de xuño)

No ficheiro adxunto vai a proposta para esta semana e a que ven. Xa non mandarei máis traballo para este curso, xa que hai alumnos/as que van algo atrasados no tema do envío das tarefas e porque considero que xa traballastes bastante.

Nesta proposta dou máis tempo, porque tanto en lengua castellana como en ciencias sociais rematamos os libros e tendes que facer o repaso final.

Respecto as fichas de matemáticas, podedes mandarme según vaian facendo. Xa sabedes que o ritmo marcádelo vos.

Respecto a entrega de todas as propostas que vos mandei, a data máxima de entrega será o venres, 12 de xuño, xa que teremos a avaliación de primaria o martes 16 de xuño e para esa data teño que ter xa todo correxido e avaliado.

CALQUERA DÚBIDA QUE TEÑADES PODEDES PREGUNTARME POLA VIDEOCONFERENCIA, POR EMAIL OU POR TELÉFONO.

MOITAS GRAZAS.

COMO TE SENTES

Queridas familias, nestes difíciles momentos que estamos a vivir estades demostrando a vosa valía, quedando na casa e axudando así a combater o COVID-19. Gustaríanos saber como o estades levando. Este é un cuestionario voluntario, dirixido aos nenos e nenas, que pode facilitar que entre todos poidamos afrontar do mellor xeito posible esta situación.
Estamos para prestar axuda tanto a nivel académico coma emocional.
Grazas por contestar e moito ánimo. Axiña voltaremos a estar xuntos.

Departamento de Orientación do colexio.

PROPOSTA DE TRABALLO SEMANAL PARA 1º DE E.P. (19 - 25 MAIO)

Ola, bos días. Nos archivos adxuntos déixovos a programación semanal.

Tamén vos adxuntei varios archivos de matemáticas para os que tendes que solicitar a impresión ao concello xa os teñades todos xuntos. Esto non é para facer nunha semana soamente, senón que é traballo para varias semanas. 

Durante a videoconferencia xa vos explico. Calquera dúbida, xa sabedes como contactar conmigo.

Saúdos.

RICARDO CARVALHO CALERO

Vídeo realizado cos debuxos do alumnado do CEIP NOSA SEÑORA DE XUVENCOS, coa canción "Teu nome por mar e terra" cantada por Guadi Galego e Xavier Díaz.

O equipo de Dinamización Lingüística do centro agradece a todas as familias a súa colaboración para poder realizar este vídeo en torno a Carvalho Calero.

MINICONTO DE NATURIZO

SABELA GAGO mandounos outro conto para celebrar as Letras Galegas e ademais unha actividade didáctica para realizar.

MOITAS GRAZAS SABELA por contar connosco.

CAMBIO HORARIO

 

A comunidade educativa do CEIP NOSA SEÑORA DE XUVENCOS

quere comunicar a todas as familias que nos concederon a xornada

continua para o vindeiro curso.

 

O novo horario será de 9:30 h a 14:30 h (setembro e xuño

incluidos) e o comedor será de 14:30 h a 16 h (con recreo incluído)

PROPOSTA DE TRABALLO SEMANAL PARA 1º DE E.P. (12 - 18 MAIO)

No ficheiro PDF adxunto quédavos a proposta de actividades para esta semana.

Lembrade que ademais das miñas actividades, tamén tendes as dos especialistas de inglés, música, educación física e relixión.

Calquera dúbida podedes preguntarme pola videoconferencia, polo correo electrónico ou polo teléfono.

Tamén vos adxuntei un ficheiro coas actividades de relixión para todo este trimestre.

Saúdos.

 

PROPOSTA DE TRABALLO SEMANAL PARA 1º DE E.P. (5 - 11 MAIO)

Ola, como vos dixen por videoconferencia, a unidade didáctica de galego é para facer durante dúas semanas polo menos. Se alguén necesita máis tempo non hai problema.

A ficha para colorear hai que entregala antes do 14 de maio.

Grazas.

Distribuir contido


by Dr. Radut