Skip to Content

                              

blogue deadmin

RECURSOS SOBRE COVID19 PARA AS FAMILIAS

PINCHA NA IMAXE PARA ACCEDER AOS RECURSOS

NOTA INFORMATIVA

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Xa están dispoñibles no taboleiro interior do centro as listaxes definitivas do fondo solidario de libros de texto.

Por protección de datos non se publicarán as listaxes na páxina web.

Tamén están dispoñibles os vales para a adquisición de libros e as axudas para material escolar.

As familias interesadas poderán consultar o estado do seu expediente (reparto de libros do fondo e vales) accedendo á aplicación no menú "Cidadáns".

O plazo para a recollida dos vales é ata o xoves, 16 de xullo.

Horario do centro: de 10 a 13 h.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Xa están dispoñibles no taboleiro interior do centro as listaxes de admitidos e excluídos do fondo solidario de libros de texto.

Por protección de datos non se publicarán as listaxes na páxina web.

As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional.

O plazo para as reclamacións é ata o venres, 10 de xullo.

Horario do centro: de 10 a 13 h.

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2020/2021

PINCHA NA IMAXE PARA ACCEDER AO LISTADO DE TODOS OS CURSOS OU NO FICHEIRO ADXUNTO

NOVAS DO COMEDOR

 

SELECCIÓN E ADMISIÓN DE USUARIOS DE COMEDOR PARA O CURSO 2020/2021

Dende o 22/06 e ata o 03/07 ambos días incluídos, queda aberto o prazo para entregar as solicitudes de comedor correspondentes ao alumnado escolarizado no curso 2020/2021. As persoas interesadas pasarán a recoller os modelos de autodeclaracións para poder cubrilos e entregalos en dito prazo.

 

 

PAGOS DE COMEDOR QUE QUEDARON PENDENTES DO MES DE MARZO

Todo o alumnado ao que lle correspondeu pagar o servizo de comedor neste curso 2019/2020, deberá facer o pago correspondente aos días do mes de marzo entre o 22/06 e o 03/07 ambos incluídos.  Para poder efectuar dito pagamento, pasarán polo centro a recoller o recibo e efectuarán o ingreso nas entidades colaboradoras ou de forma telemática. Os impresos tamén están dispoñibles en Abalar.

 

COLABORADORES DO COMEDOR

Aberto o prazo de admisión de solicitudes dos membros da comunidade educativa para actuar como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2020/2021.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 11 de setembro de 2020.

 

 

 

VIDEO DE DESPEDIDA DO ALUMNADO DE 6º DE E.P.

FIN DE CURSO

Co motivo do FINAL DE CURSO, dende o colexio queremos informarvos do seguinte:

  • As notas publicaranse en Abalar o venres 19, ás 11:00 h.
  • Os/as alumnos/as que teñen libros do fondo de libros deberán entregalos en bo estado os días 17, 18 e 19 de xuño (xa vos avisa cada titor/a o día correspondente a cada curso).
  • Eses mesmos días (17, 18 e 19) tamén se vos entregarán os materiais dos vosos fillos/as que aínda están no cole.
  • Tamén deberedes devolver os libros da biblioteca escolar que tendes en préstamo nas vosas casas.
  • Non obstante, senón podedes eses días, non dubidedes en poñervos en contacto co centro para buscar outro día.

MASCARILLAS SOLIDARIAS

Toda a comunidade educativa do CEIP Nosa Sra. de Xuvencos agradece a "MASCARILLAS SOLIDARIAS" a súa donación, tanto para o alumnado como para o profesorado do centro.

MOITAS GRAZAS POLO VOSO TRABALLO

 

DEZ PIRATAS CON SABELA GAGO

Aquí volvemos ter de novo a Sabela Gago co conto "Dez piratas" de Santillana.

Distribuir contido


by Dr. Radut