Educación infantil, Aula das nubes, Aula dos Peixiños, O planeta dos elefantes, Psicomotricidade infantil, Atención educativa (valores)
Traballo semana do 15 de abril
Ola de novo amiguiños e amiguiñas!
Xa estamos de volta por aquí e con moitas ganas de facer cousiñas. Para esta semana enviamos estas propostas, pero estade atentos que iremos subindo algún conto e algún xogo para divertirnos un pouco.
Canción e contos
Ola nenos e nenas!
Sabedes que para matar este bichiño que nos está visitando estes días é moi importante lavar ben as mans? Pois aquí vos damos unha idea para facer ese momento mais divertido.
E se queredes saber algo mais sobre o bichiño podedes ver este vídeo, no que o monstro de cores está confuso igual ca nós:
Ademais estes días podedes aproveitar para ver e ler contos que teñades na casa, e tamén podedes dicirlle a un adulto que ten esta opción moi interesante:
Se queredes que vos conten uns contos ben chulos en galego entrade aquí:
http://www.kalandraka.tv/es/seccion2.php?id=33
Aburiño!
Material de diferentes editoriais
Ola de novo!
Queremos contarvos que ante esta situación tan complicada que estamos vivindo, ademais de Anaya foron diferentes as editoriais que se puxeron en contacto con nós para ofrecernos diferentes recursos e aplicacións para esta tempada. A continuación explicamos cales son e como entrar nelas:
SANTILLANA: descargades a APP “Pupitre” en Play Store. Unha vez dentro dela tedes actividades moi interesantes no apartado de “Librería”, ó escoller un libro se saídes del, despois estará gardado en “Mis cuadernos”.
SM: entrades no seguinte enlace https://www.grupo-sm.com/es/yoaprendoencasa-infantil e alí podedes atopar contos clásicos, contos interactivos, diferentes actividades interactivas e algo de lectoescritura.
EDELVIVES: aquí podedes descargar a APP: Splash kids 3, Splash kids 4 ou Splash kids 5 (segundo a idade dos nenos). Outra APP é NextApp, a cal é a mesma para tódalas idades.
Por outro lado, podedes ir á páxina web https://edelvivesdigital.com/, unha vez alí rexistrádesvos e escolledes “molalaletra” e “qué te cuentas” segundo a idade dos nenos (para isto vamos enviar por abalar un código de acceso).
EVEREST tamén se puxo en contacto, pero ese material vamos a compartilo con vós mais adiante.
Un saúdo,
O equipo de educación infantil
Páxina web Algaida - Campus dixital
Ola rapaciños e rapaciñas!
Se queredes seguir traballando algunha cousiña que estábamos facendo no cole e repasar o que xa vimos durante o curso, podedes visitar a seguinte páxina: https://www.algaida.es/campusdigitalinfantil/ , aí tedes que seleccionar a idade e logo o Parque dixital “Palomitas de maíz”. Tamén atopamos o Parque dixital do “Xardín das letras”.
Nos arquivos adxuntos tedes que pinchar no da vosa clase para saber un pouco mais.
Material subido o venres 13 de marzo
Ola nenos e nenas!
Por se algún se esqueceu ou non tivo tempo para facer as cousiñas que as profes mandamos, deixámolas de novo por aquí para que
as fagades se queredes. Xa teñen no título a clase para a que van indicadas e xusto debaixo as tarefas de relixión católica.
Se xa as fixestes non vos preocupedes, que estes días seguiremos enviando diferentes actividades!
Tamén engadimos as recomendacións que fixemos para que sigades mantendo unhas rutinas.
Ánimo, que sodes uns campións e as vosas profes teñen moitas ganas de vervos!
Propostas de inglés
Deixo por aquí material didáctico para repasar e aprender algo de inglés estes días.
Se facedes click na ligazón, teredes acceso a distintas "worksheets" (máis recomendado para 5º e 6º de infantil)
SONGS
Desde Youtube podedes escoitar:
TPR SONGS
Por se vos queredes mover un pouquiño!
Proposta de Actividades de Relixión
Ola chicos! Cómo estades?
Aquí tedes unhas actividades para facer estos días. Desexo que vos gusten:
1ª Recordamos a Historia de Noe
Canción: En el arca de Noé (https://www.youtube.com/watch?v=HVKDV1q-x54) CLIC
Podedes escoitala varias veces para recordar a canción e logo podedes debuxar os animais que aparecen ou facer algún animaliño como estes
2º Como estamos en primavera vamos escoitar o conto “Una flor con suerte” (https://www.youtube.com/watch?v=zQmluqSjAUA) CLIC . Despois do conto podes debuxar unha flor ou facer unha con froita, como fixo Carlos.
3 Escoitamos a canción de Panam, Ángel de la Guarda https://www.youtube.com/watch?v=JjWdEhbWy6w CLIC
Feliz Semana!
PROPOSTA DE ACTIVIDADES DE RELIGIÓN PARA EDUCACIÓN INFANTIL
Ola chicos! Cómo estades?
Aquí tedes unhas actividades para facer estos días. Desexo que vos gusten:
1ª Recordamos a Historia de Noe
Canción: En el arca de Noé (https://www.youtube.com/watch?v=HVKDV1q-x54) CLIC
Podedes escoitala varias veces para recordar a canción e logo podedes debuxar os animais que aparecen ou facer algún animaliño como estes
2º Como estamos en primavera vamos escoitar o conto “Una flor con suerte” (https://www.youtube.com/watch?v=zQmluqSjAUA) CLIC . Despois do conto podes debuxar unha flor ou facer unha con froita, como fixo Carlos.
3 Escoitamos a canción de Panam, Ángel de la Guarda https://www.youtube.com/watch?v=JjWdEhbWy6w CLIC
Feliz Semana!
NOTA INFORMATIVA
Ola familias!
Esta será a nosa canle de comunicación durante estes días. Aquí o equipo de educación infantil vai ir engadindo diferente material, recomendacións e páxinas de interese. Cada familia debe seleccionar o contido subido segundo o curso no que estean os vosos fillos/as, para iso vamos poñer xunto ó material a clase para a que está indicado: 4º infantil (3 anos), 5º infantil (4 anos) e 6º infantil (5 anos), cando non poñamos nada é para todo o alumnado.
Así mesmo, os diferentes especialistas que imparten docencia en infantil tamén engadirán material, o cal podedes consultar nos seguintes lugares:
PSICOMOTRICIDADE: os mestres que imparten psicomotricidade subirán todo o material ó blog de educación infantil(aquí) e tamén podedes consultar o blog do centro: https://ceipdemonforte.blogspot.com/. Atoparedes recomendacións de exercicios, alimentación saudable, cancións, relaxación, …
INGLÉS: o mestre subirá todo o material a través do blog de infantil.
RELIXIÓN CATÓLICA: a mestra subirá o material no propio blog de infantil.
PEDAGOXÍA TERAPEUTICA: o material de PT será enviado por correo electrónico ó alumnado que conta con estas sesións ó longo do curso.
AUDICIÓN E LINGUAXE: engadiranse recomendacións e diferente material ó blog de infantil.
Por outra banda, para comunicarse coas titoras podedes empregar abalar ou os seguintes correos electrónicos:
Uxía Cortés (4º Educación Infantil – 3anos): ucveducacioninfantil@gmail.com
Montserrat Novelle (5º Educación Infantil – 4 anos): profemontsecolenovo@gmail.com
Goretti Díaz (6º Educación Infantil – 5 anos): profegoretti@hotmail.com
Un saúdo,
O equipo de educación infantil
Proposta de actividades de psicomotricidade
Enviado por oscargf o Ven, 03/27/2020 - 13:43
7.- Finalmente, si disponéis de espacio donde realizarlo, podéis dedicar unos minutos cada día a realizar un poco de ejercicio, de forma sencilla y siempre en función de vuestra disponibilidad. El objetivo es que los niños/as puedan disponer de tiempo para liberar energía y desarrollar sus habilidades básicas, de forma lúdica y motivante para ellos. Os pongo un vídeo donde podréis ver ejemplos de actividades que se pueden realizar en casa con objetos cotidianos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- seguinte ›
- última »