Educación infantil, Aula das nubes, Aula dos Peixiños, O planeta dos elefantes, Psicomotricidade infantil, Atención educativa (valores)

No patio pasámolo pipa!

Como estamos en outono as follas caen das árbores e temos o patio cheo delas. Nós aproveitamos para xogar con elas, clasificámolas segundo a súa cor, a súa forma, tirámolas ao aire,... e ata facemos formas xeométricas con elas.

 

 

Pero un día cando saímos ao patio vimos a nosa zona toda limpiña de follas. Estaban soprándolles cun aparatiño e levándoas cara unha esquina. Alí recollíanas e metíanas nun saco enorme! Estivemos un cachiño observando como facían.

 

Como quedou todo tan limpiño aproveitamos para pintar con tizas de cores no chan, e ese día si que o pasamos en grande!

 

E se queredes mover o esqueleto coas mesmas cancións que o facemos na clase, aquí vos deixamos unha delas.

Na clase de 3 anos...

Esta semana estamos a traballar os pallasos e na clase de 3 anos estivemos probando diferentes complementos que empregan para o seu espectáculo: perrucas, narices que nos trouxo unha compañeira como agasallo,... e pasámolo xenial!

 

 

 

Despois do recreo tivemos a visita inesperada dun gran MALABARISTA e MAGO, o mestre José Antonio. Como un paxariño nos dixo que sabe facer malabares, démoslle tres pelotas para que nos ensinara o ben que o fai. Logo tamén nos fixo uns trucos de maxia. Quedamos abraiados e xa estamos desexando que volva visitarnos pola nosa clase!

1,2,3,... Acción!

 

Ola familias! 

Benvidas ao blogue de 4º de educación infantil, o cal poño en funcionamento co fin de achegar un chisco a vida dos nenos e nenas na escola aos fogares.

Espero que o gocedes tanto como o facemos nós na aula!

Goretti

Blogue de 6º de infantil

    

Blogue de 5º de infantil

    

Blogue de 5º de infantil (Aula das nubes)

    

Que comece a función!

 

Ola familia!

Os nenos e nenas de infantil vamos comezar co proxecto O CIRCO, por iso precisamos que nos axudedes a buscar información sobre os seguintes apartados:

- Onde e como se instala?

- Onde viven os artistas?

- Onde actúan?

- Que fan antes de actuar?

- Que hai na entrada do circo?

- Que artistas actúan?

- Que fan ao acabar a función?

 

Agradeceriámosvos que a información que nos acheguedes sexa concreta e fácil de entender para todos.

Podedes facilitarnos todo tipo de material: vídeos, fotografías, contos, xoguetes, libros,...

Tamén vos pedimos a vosa colaboración participando da ilusión que vos transmita o voso fillo ou a vosa filla cando vos explique o que traballou na aula.

 

Un saúdo,

 

O equipo de educación infantil

Vídeo fin de curso

Ola ola!

Como non puidemos rematar o curso todos xuntos e xuntas nas aulas, fixemos este vídeo para recordar os momentos vividos no cole e na casa. Esperamos que o disfrutedes e que vos guste moito!

Aproveitamos para despedirnos ata o vindeiro curso, non sen antes darvos as grazas polo voso traballo, implicación e esforzo, do que somos conscientes.

Feliz verán, vémonos axiña!

Un bico enorme do equipo de Educación Infantil.

 

Tarefas semana 15 de xuño

Ola ola!

Como foi a semana? Xa imos rematar o proxecto, esperamos que vos gustase e aprendérades moito.

Aquí vos engadimos a proposta para esta semana. Pincha aquí.

 

Un biquiño

Tarefas semana 8 de xuño

Ola ola!

Como vai todo? Xa non queda nada para rematar o proxecto, así que... veña un último empuxón!

Aquí vos engadimos a proposta para esta semana. Pincha aquí.

 

Un biquiño

Distribuir contido