Ed. Infantil
Vídeo fin de curso
Ola ola!
Como non puidemos rematar o curso todos xuntos e xuntas nas aulas, fixemos este vídeo para recordar os momentos vividos no cole e na casa. Esperamos que o disfrutedes e que vos guste moito!
Aproveitamos para despedirnos ata o vindeiro curso, non sen antes darvos as grazas polo voso traballo, implicación e esforzo, do que somos conscientes.
Feliz verán, vémonos axiña!
Un bico enorme do equipo de Educación Infantil.
Traballo semana 25 de maio
Ola ola!
Que tal vos foi co proxecto esta semana? Seguro que estades a aprender moito, xa que tedes uns profes na casa boísimos!!
Como estamos seguras de que queredes seguir investigando para saber máis cousiñas sobre o tema que estamos traballando, aquí vos deixamos a proposta para esta semana.
Un biquiño
Tarefas semana do 18 ao 22 de maio
Ola ola!
Que tal vos foi con tanta celebración esta semana pasada? Seguro que o pasastes xenial!!
Pero...despois de tanta troula tócanos traballar un pouquiño. Para iso tedes que abrir os arquivos adxuntos (os nenos e nenas de 3 e 4 anos tedes que abrir o de Proxecto Urxencias 112, e os de 5 anos abrides os tres arquivos) e a traballar!
Un bico
Día das Letras Galegas 2020
Ola de novo!
Como vedes esta semana temos moito que celebrar. Este domingo é o Día das Letras Galegas!
Este ano dedícaselle a Carballo Calero, e os nosos amigos Os Bolechas van contarnos algo del neste conto tan chulo.Pinchade nesta ligazón: https://www.lingua.gal/recursos/todos/_/letras-galegas/2020/contido_0011/bolechas-carvalho-calero
Se vos apetece xogar un pouco, aquí tedes un xogo sobre as Letras Galegas: https://view.genial.ly/5eb042186f16bf0d194d52c8/presentation-letras20
E...non podía faltar unha canción! Unha canción que fala sobre o galego.
Que vos parece se decorades a vosa palabra favorita en galego? Colledes papel e poñer a imaxinación a traballar! Unha das nosas favoritas sabedes cal é? AXÓUXERE!
E dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propóñennos o seguinte:
Primeiro ver este video:
Logo tedes que facer un debuxo sobre o conto ou de Carballo Calero empregando o material que queirades (rotuladores, témperas, collage...).
E para rematar enviar a vosa obra de arte á titora, xa que as máis bonitas serán colgadas na páxina web do cole!
Se queredes traballar algo máis sobre as Letras Galegas podedes entrar no blog da biblioteca. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmonforte/node/2100
Aburiño!
Día da Familia
Ola ola!
Sabedes que esta semana temos algo moi importante que celebrar? O venres é o Día da Familia!
E que vos parece se comezamos vendo uns contos nos que vamos coñecer moitas familias diferentes?
No ficheiro adxunto ides atopar material para traballar algo mais, pero non esquezades que o mais importante é compartir tempo coa vosa familia e gozar moito con ela. Para iso deixamos unha canción para que bailedes e cantedes todos xuntos!
A bailar coa lingua!
Ola ola caracola!
Hoxe tócalle á lingua traballar un pouco, preparados? Vamos alá!
Que vos parece se agora lle ensinamos diferentes palabras das nosas partes do corpo, da casa e de alimentos? Pinchade nos arquivos que aparecen adxuntos. (Abaixo de todo desta publicación).
E...vós tamén queredes bailar? Podedes entrar no blog de música para aprender a lavar as mans con ritmo e tamén crear as vosas propias melodías cuns xogos musicais moi divertidos. Pinchade aquí: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmonforte/taxonomy/term/115
Xa para rematar se queredes xogar con letras, números, cores, colorear, inglés,... podedes entrar nesta páxina(vai gustarvos): Arbolabc (https://arbolabc.com/juegos-para-ninos-de-preescolar) e tamén vos recomendamos a aplicación Bee-bot, a cal podedes descargar no móbil ou na tablet.
Ata logo!
Tarefas 1ª semana de maio
Ola ola!
Esta semana propoñemos as mesmas tarefas para todo infantil.
A primeira páxina é un memory primaveral, e en que consiste?
Primeiro tedes que colorear as flores, logo recortar polas liñas e unha vez feito iso podedes comezar a
xogar. Dádeslle a volta ás imaxes e tedes que ir buscando parellas. Un xogo para gozar en familia!
* A última ficha de sumas é para o alumnado de 5 anos.
Un saúdo
Día do traballador e da traballadora
Ola nenos e nenas!
Sabedes que día é mañá? É o Día do Traballador e da Traballadora!
E que vamos facer? Que vos parece si charlades un ratiño coas vosas familias sobre os seus traballos: que vos conten en que consiste, que obxectos empregan, como van vestidos, cantos compañeiros teñen, como se chama o lugar onde traballan, para que serve o seu traballo... E tamén podedes falar do que vos gustaría ser de maiores.
Logo podedes facer un debuxo do que fan os vosos familiares no seu traballo.
Deixamos aquí unhas cancións que sabemos que vos gustan moito e están relacionadas co traballado.
Un biquiño de parte das profes.
Traballo semana do 27 de abril
Ola ola!!
Aquí vos deixamos unhas cousiñas para facer estes días.
Non vos esquezades de enviar fotos ás profes das cousiñas tan chulas que facedes(debuxos, manualidades,...) e dos postres desta fin de semana!
Aburiño!
OIDO COCIÑA!
Olaaaaa!
Que tal foi a semana?
Como xa sabemos que sodes uns larpeiros… para esta fin de semana traemos unha proposta saborosa!
Pero…antes de nada, vamos a refrescar un chisco a memoria para recordar que cousiñas estamos
traballando mentres elaborades as receitas que vos propoñemos.
Entón que vos parece se facemos unhas galletas saudables de avea con plátano e chocolate? Están deliciosas! E si vos apetece…podedes probar a facer un rico batido de froitas.
Aquí deixamos as receitas para que probedes.
Non vos esquezades de enviarnos as fotos cas vosas receitas!
Boa fin de semana!
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »