Educación infantil, Aula das nubes, Aula dos Peixiños, O planeta dos elefantes, Psicomotricidade infantil, Atención educativa (valores)

En plena función!

Ola familia, hoxe queremos ensinárvos algunhas das cousiñas que fomos facendo ao longo do proxecto do circo.

Unha das aprendizaxes foi saber o nome do lugar onde actúan os artistas, A PISTA. Nós fixemos a nosa empregando xiz de cor amarelo e sal. Mirade que ben o fixemos e que chulo nos quedou!

 

    

 

Tamén vimos que na entrada do circo hai flocos de millo e algodón de azucre, e nós quixemos facer uns flocos de millo. Pintamos a caixa para eles, pegámos algodón para facer que eran os flocos e logo con témpera amarela, auga e un contagotas démoslles algo de cor.

    

 

Logo fomos coñecendo diferentes artistas do circo e imitando algo do seu espectáculo. 

Unha compañeira trouxo uns instrumentos musicais que nos encantaron, puidemos tocalos e agora témolos durante uns días na clase e seguimos empregándoos para facer que somos os músicos do circo.

    

                            

 

E fixemos un pequeno instrumento para levar para a casiña, unha MARACA!

                                                                                                                                                                                                                                                                           

 

 

Outro dos artistas que traballamos foi o funambulista e mirade que fixemos na clase de psicomotricidade...

 

    

 

      

 

      

 

       

 

    

 

 Tamén malabaristas...

 

                          

 

 E falando de malabaristas, vamos a presentar a TITO O MALABARISTA. El é o protagonista do conto "Tito malabarista" que perde o nariz e anda na busca dun novo. Agora acompáñanos sempre na asamblea, o encargado do día elixe o nariz que lle quere poñer (forma e cor) e tamén se lle poñemos garabata (grande ou pequena) ou paxarela (grande ou pequena). Así traballamos formas, cores e tamaños. Temos ao Tito da asamblea, pero temos outros dous mais para poder xogar con el e coas formas cando nos apetece. Gústanos moito!!

 

             

 

Deixámosvos aquí o conto para que lle botedes unha ollada. 

 

                                  

 

Aburiño!

O NOME

Como xa somos maiores, podemos escribir e recoñecer o noso nome

 

 

Atención educativa infantil (valores)

   

O OUTONO VAI CHEGANDO AO SEU FIN...

Levamos un tempo traballando esta estación do ano e queremos ensinárvos algo do que fixemos.

Como no outono chove moito, fixemos unhas nubes con algodón e pintura azul e puxémoslle unhas pingas de auga. Gustounos moito, porque o fixemos coas mans e enchelas de témpera chíflanos!

 

Fomos coñecendo diferentes froitos do outono: castañas, noces, mazás, landras,... e puidemos tocalos, facer xogos con eles e incluso os probamos.  Como somos uns artistas collemos imaxes de diferentes froitos, témperas das cores do outono e esponxas, e mirade que cousa mais chula fixemos!

 

Tamén temos a clase chea de follas e ramas de diferentes árbores: castiñeiros, carballos, abeleiras,... Algunhas están verdes, outras amarelas, vermellas e marróns. Con elas fixemos algunha cousiña como rachalas e pegar anacos na inicial do noso nome ou uns animaliños do outono.

 

 

Falando de animais... un día pola mañá tivemos unha gran sorpresa! Chegamos á aula e había unha caixa cuns buratiños, a cal a mestra abriu cando entramos todos. Dentro dela había cinco caracois!! Estivemos tocándolles e mirando o rastro que deixaban por onde pasaban coas súas babas. Decidimos que se quedarían uns días con nós e que os tiñamos que coidar, por iso no patio moitos buscábamos herbiñas para que comesen. A mestra Elvira tamén lles daba leitugas e gustábanlles moito! Logo decidimos levalos ao xardín, xa que alí estarían mais contentos.


 

E sabedes que temos na aula? A comidiña que come o Polo Pepe, MILLO. Temos unhas mazorcas de millo e aprendemos a quitar eses grans de millo da mazorca. Descubrimos que segundo o lugar onde vivas se lle chama de diferente forma, uns din degrañar e outros debullar. 

             

 

Mirade si o fixemos ben que decidimos aproveitar os grans para traballar a inicial do noso nome!

                 

  

Para seguir traballando o nome decorámolo con selos de animais de outono (esquíos, ratiños, marmotas,...), logo collemos unhas esponxas con forma de círculo e decoramos coas cores do outono. 

 

                              

 

                              

 

                           

 

                                                                 

 

Estas son algunhas das cancións que cantamos durante a asamblea:

                              

 

Hoxe, para rematar co outono lemos este conto e gustounos moito!

Rutinas da aula

 

 Encargad@ do día.

 

                               

 

  Traballando ...

 

               

 

                 

 

  Hora da merenda

 

                          

 

                           

 

   Xogamos no patio  ...

 

                          .

 

 

  Xogos na clase ...

 

                 

            

                   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Psicomotricidade

   

Benvid@s

 

Ola familias ! 

Benvidas ao blogue de 5º de educación infantil, aquí atoparedes moitas das  actividades que realizaremos o longo do curso, co fin de achegar a vida do  colexio  as vosas casas.

Espero que disfrutedes  moito  cos nen@s  das súas experiencias.

Teresa

 

Benvida

Ola familias!

Benvidos ao blogue de 6º de Educación Infantil, aquí podedes ver algunhas das actividades e vivencias que realizaremos durante o curso.

Desexamos que disfrutedes ao visionalo na casa. E se é en  compañía dos vosos fill@s, mellor.

Montse

Somos uns pallasetes!

Esta semana estamos a traballar os pallasos e estivemos probando diferentes complementos que empregan para o seu espectáculo: perrucas, narices que nos trouxo unha compañeira como agasallo,... e pasámolo xenial!

 

 

 

Despois do recreo tivemos a visita inesperada dun gran MALABARISTA e MAGO, o mestre José Antonio. Como un paxariño nos dixo que sabe facer malabares, démoslle tres pelotas para que nos ensinara o ben que o fai. Logo tamén nos fixo uns trucos de maxia. Quedamos abraiados e xa estamos desexando que volva visitarnos pola nosa clase!

Distribuir contido