En plena función!
Ola familia, hoxe queremos ensinárvos algunhas das cousiñas que fomos facendo ao longo do proxecto do circo.
Unha das aprendizaxes foi saber o nome do lugar onde actúan os artistas, A PISTA. Nós fixemos a nosa empregando xiz de cor amarelo e sal. Mirade que ben o fixemos e que chulo nos quedou!
Tamén vimos que na entrada do circo hai flocos de millo e algodón de azucre, e nós quixemos facer uns flocos de millo. Pintamos a caixa para eles, pegámos algodón para facer que eran os flocos e logo con témpera amarela, auga e un contagotas démoslles algo de cor.
Logo fomos coñecendo diferentes artistas do circo e imitando algo do seu espectáculo.
Unha compañeira trouxo uns instrumentos musicais que nos encantaron, puidemos tocalos e agora témolos durante uns días na clase e seguimos empregándoos para facer que somos os músicos do circo.
E fixemos un pequeno instrumento para levar para a casiña, unha MARACA!
Outro dos artistas que traballamos foi o funambulista e mirade que fixemos na clase de psicomotricidade...
Tamén malabaristas...
E falando de malabaristas, vamos a presentar a TITO O MALABARISTA. El é o protagonista do conto "Tito malabarista" que perde o nariz e anda na busca dun novo. Agora acompáñanos sempre na asamblea, o encargado do día elixe o nariz que lle quere poñer (forma e cor) e tamén se lle poñemos garabata (grande ou pequena) ou paxarela (grande ou pequena). Así traballamos formas, cores e tamaños. Temos ao Tito da asamblea, pero temos outros dous mais para poder xogar con el e coas formas cando nos apetece. Gústanos moito!!
Deixámosvos aquí o conto para que lle botedes unha ollada.
Aburiño!